TECNOLOGÍA

A Deputación lanza unha web para adoptar animais

Os centros de acollida de O Carballiño, Xinzo, Muíños e A Rúa xa teñen 360 cans en adopción

A páxina web da Deputación para adoptar animais abandonados estará lista a finais desta semana. Con esta iniciativa, o ente provincial pretende buscar un fogar aos 360 animais que actualmente se atopan nas catro canceiras de O Carballiño, A Rúa, Xinzo e Baixa Limia (Muíños). Así o confirmou Pablo Pérez, responsable da área de Cooperación do organismo. "A páxina web é un instrumento máis para facer adopcións pero nós levamos xa anos fomentadoas", explicou.

Neste sentido, destacou tamén a importancia das redes sociais para difundir información cando se atopa un can perdido para intentar localizar aos seus donos. "Se o can ten chip, damos tamén o aviso á Garda Civil", dixo Pablo Pérez. O compromiso da Deputación cós animais abandonados remóntase a febreiro do 2013, ano no que se pon en marcha a rede provincial de canceiras có centro de acollida de O Carballiño. En abril dese mesmo ano, entrou en funcionamento o centro de Xinzo de Limia mentres que os de Muíños e Valdeorras incoporáronse ao convenio no 2014. Un dos cometidos da rede de canceiras era a posta en marcha dun portal que dese salida ás adopcións, un obxectivo marcado pola Deputación "no proceso de evolución da rede", explicou Pablo Pérez.

A información subirase á web de forma progresiva e será "a mesma que hai en calquera protectora de animais", dixo Pablo Pérez. Cada animal terá a súa foto e datos relacionados coa súa idade, o estado no que se atopa así como o seu nome e raza. O que non se facilitará será información sobre o dono anterior do can, algo evidente aínda que "hai algunha xente que o está facendo", dixo o responsable da área de Cooperación da Diputación. En canto ao funcionamento da rede de canceiras, a ubicación dos animais recollidos decídese según á proximidade pero tamén por outras razóns operativas como o grado de ocupación dos catro centros. Os animais daranse en adopción superados os 20 días post-recollida que a lexislación establece como período no que se debe custodiar o animal e o propietario poida reclamalo. Entregaranse en todo caso vacunados e có estudio médico ao que foron sometidos

Os concellos , un total de 49, que delegaron competencias na recollida por convenio teñen que abonar unha taxa anual de un euro por habitante, tal e como se recolle no convenio marco de colaboración entre a Deputación e os concellos que foi aprobado en sesión plenaria en decembro do 2012.

Te puede interesar