PIERDE LA VIGENCIA DEL CARNET
Condenado por negarse a hacer la prueba de alcoholemia tras causar un accidente
Diarios do pasado
No mes de xullo asistimos a unha mudanza moi acertada para o no noso criterio, a do cruceiro esculpido por Antón Faílde Gago no ano 1961. Ata hai poucos días estaba practicamente agachado entre a vexetación e dúas paredes exteriores, nos xardíns do Museo Arqueolóxico que miraban cara á rúa Bispo Carrascosa e á fachada do Cárcere de Coroa. O traslado e montaxe no novo emprazamento, no primeiro descanso da escalinata da rúa de Bailén, concluíu o pasado 23 de xullo. E non é o único que mudou de lugar. Xa ocorreu con outros cruceiros, con pontes, incluso con dúas igrexas que, tras unha curiosa carambola urbanística, desprazáronse consecutivamente. Cando trasladaron a do convento de San Francisco ao parque de San Lázaro, o que aconteceu entre 1928 e 1929, a capela dedicada a este santo desmontouse e quedou almacenada. E así estivo ata que, décadas despois, foi trasladada ao barrio do Peliquín, onde se reconstruíu entre 1982 e 1983. Alí loce dende entón.
</nav> </header> Mais hoxe falareilles da portada renacentista reaproveitada dun edificio que xa non existe. Refírome á que pecha o adro da igrexa da Trinidade a poñente, cara á praza do mesmo nome e á rúa do Vilar. Trátase dunha porta de estilo renacentista, construída para o Hospital de San Roque no século XVI. A portada da entrada principal tiña unha beleza austera e sinxela. O van de acceso está enmarcado por un arco clásico, de medio punto, con casetóns que adornan as dovelas no intradós. A estrutura descansa sobre pilastras adornadas con molduras que case dan continuidade aos casetóns ata a mesma base da porta. Á esquerda e dereita do arco, aparecen dous medallóns cos bustos dos médicos Hipócrates e Galeno, en alusión á función orixinal do edificio hospitalario do que provén. Sobresaíndo da propia porta, superponse outra estrutura que lle dá realce. Son dúas columnas con fustes estriados e capiteis xónicos que, a través dun arquitrabe, soportan un tímpano triangular, conxunto que, cos médicos gregos representados, reproduce ese estilo clásico tan propio do Renacemento. Na parte central e máis elevada do tímpano sitúase unha furniña formada por dúas pequenas pilastras e unha vieira a modo de bóveda, que resgarda a figura do santo que daba o nome ao hospital, San Roque. O patrón benfeitor aparece neste caso acompañado dun neno. A ambos lados, dous animais mitolóxicos miran para a escena central, mentres o vértice superior do tímpano está rematado pola cabeza dun anxo co ás.
O Hospital de San Roque, do que procede a porta, situábase na actual Alameda, daquela a Horta do Concello, no solar que hoxe ocupa Correos. Fora fundado conxuntamente polo Concello e o bispo Francisco Blanco en 1561, co nome da Santa Misericordia ou de San Roque, para ofrecer asistencia sanitaria e espiritual ás xentes máis necesitadas. Pero non só se dedicou a hospital. Tamén acolleu oficinas de Deputación, foi hospicio (cuxo retablo agora acolle a capela do asilo infantil da rúa da Barreira), Cociña Económica, Academia de Música Municipal Escola Normal e outras funcións, incluso Caixa de Reclutamento e taberna. A principios do século XX comeza a súa ruína, ata que se derruba en 1927. Afortunadamente, en 1917 trasladárase a porta que hoxe podemos admirar xunta á antiga Abadía da Trinidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PIERDE LA VIGENCIA DEL CARNET
Condenado por negarse a hacer la prueba de alcoholemia tras causar un accidente
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Lo último
MEDICAMENTOS CONTRA LA OBESIDAD
EEUU aprueba la comercialización de una pastilla para combatir la obesidad
guerra en ucrania
El Papa lamenta que Putin haya descartado una tregua en navidad