ENTREVISTA

“Do 2 ao 7 de maio hai un terremoto cultural en Ourense: a ICC Week"

25.04.17.OURENSE.POLIGONO.RESPONSABLES ICCWECK.
photo_camera Manuel Araújo e Juan Rivas, organizadores da ICC Week.

A escasos días do comezo da ICC Week, Juan Rivas y Manuel Araújo, organizadores da ICC Week, xa manteñen reunións "de cara a 2018"

A escasos días do comezo da ICC Week, os seus organizadores xa manteñen reunións "de cara a 2018". Juan Rivas e Manuel Araújo pasan todo o ano traballando nun evento que aspira a ser "un referente a marcar no calendario cultural" e que busca consolidar a "marca Ourense".  A Semana de las Industrias Culturales y Creativas de Ourense arranca este martes, 2 de maio, no centro cultural Marcos Valcárcel coas conferencias do presidente da Diputación, Manuel Baltar, de Javier Rioyo, director do Instituto Cervantes de Lisboa, e da escritora Elsa Punset.

Terceira edición da ICC Week, que novidades presentan este ano? 

Juan Rivas: A gran novidade desta edición é a mesa culinaria, que decidimos que a cociña sexa un arte dentro das industrias culturais e creativas. Tamén a LAN Party, que aínda non pasou pero xa é un éxito porque as 520 prazas de aforo xa están ocupadas. Imos ver a 520 persoas cos seus ordenadores pasando tres días en Ourense inmersos nas tendencias tecnolóxicas.

Cando falamos de cultura tendemos a pensar na arte e non na cociña. ¿Por que pensaron en incluír a gastronomía?

J. R.: Sen dúbida a liña recta para chegar á cociña é a creatividade. Quizais nos últimos dez anos foron os propios cociñeiros os que se gañaron a pulso que a cociña se vaia convertendo en arte. 
Manuel Araújo: Consideramos que no mundo das industrias culturais e creativas existe un abano moi grande de sectores, e o da cociña estase reinventando. Os cociñeiros lograron saír dos fogóns e traspasar fronteiras coa creatividade, facendo marketing e comunicación cara o exterior.

Din que na variedade está o gusto, ¿tamén é unha forma de facer máis atractivo o seu programa?

M. A.: A nosa función como coordinadores é buscar este tipo de vínculos. Coordinar o noso evento con outros como a Miteu ou coa Shopping Night, e facendoos coincidir no mesmo tempo dálle á cidade unha vivencia exponencial a nivel cultural para que os asistentes marquen esta semana para visitar a nosa cidade. E que exista retorno, a economía creativa.

Como definen o programa?

J. R.: É un luxo ter a todos os ponentes cos que contamos, uns porque son famosos e recoñecidos, outros porque son uns cracks nos seus ámbitos. 

M. A.: Digamos que hai unha parte máis mediática, na que destacan Elsa Punset ou Javier Olivares, e logo hai unha vertente máis técnica, igualmente importante, con nomes coma Concha Fontenla, que traballou en películas de Almodóvar.

Como se traballa na organización dun proxecto tan grande? 

M. A.: Nós non somos unha productora, organizamos un evento. E como tal, definímonos como creativos. Polo que para crear un evento, antes hai un bombardeo de ideas que acabarán configuran cada mesa. O que non teña cabida nesta edición, pode tela noutra, e ser unha actividade potencial para a vindeira edición. 

J. R.: Pasámonos todo o ano traballando na ICC Week, aínda non rematara a do 2016 e xa estaba sobre a mesa esta edición.

Cal é a súa meta dentro de ICC Week?

M. A.: Para nós non existe un teito. O máximo está na capacidade de superación, ter cada ano un ingrediente diferenciador. As metas sempre son mellorar. Mellorar, mellorar e mellorar, e cando rematemos de mellorar, continuar mellorando. Pero si que a nosa idea é situar a Ourense nun marco representativo. 

Acadar ese obxetivo sería o máis gratificante de organizar este evento?

J. R.: Si, poñer en valor o noso territorio. Traer a auténticos influencers dentro dos seus ámbitos, que quizais non sitúen Ourense dentro do seu mapa, pois porque está lonxe, ou porque nin repararan neste punto. E unha vez aquí danse conta de que Ourense existe. Xente que está cansada de edificios enormes de cristal e un día atópanse en San Pedro de Rocas e sinxelamente alucinan. 

Imaxino que anécdotas así terán unhas poucas...

J. R.: Si, pasáronnos cousas moi curiosas. Ese día tiñamos tendencias tecnolóxicas, como os do festival Led, e tiñámolos en San Pedro de Roca, que era como a antítese para eles. Era como ir en nunha nave do tempo e levar aos máis modernos alí. Había xente que chegaba de Barcelona e dicía "¡vamos a comer a un castillo!". Sabemos de algún deles que logo volveu a Ourense, á Ribeira Sacra. Non sabemos se xa o tiñan planeado ou xurdiu a raíz da ICC Week.

É este o “retorno" que comentaban anteriormente?

M. A.: Si. Que una persona de Madrid descubra o encanto do rural da provincia. O seu boca a boca vai provocar que recale xente aquí que nunca o pensase. 

J. R.: Hai un trasfondo de xerar unha marca Ourense. 

M. A.: Isto é a economía creativa, que non so é crear un evento, senón que o certame ten un potencial máis grande que non está so no seu contido, senón no contido de toda a provincia.

Como se viven os días previos ao arranque desta terceira edición?

J. R.: Os dous últimos meses foron de tolos. Vai chegando a data e organizar a axenda de 40 persoas que son top nos seus traballos é moi complicado. Hai cambios de última hora que son inevitables e que dan sofocóns grandes (risas). 

Como xestionaron o acceso aos diferentes escenarios?

M. A.: Hai un autobús gratuito desde a propia cidade. E para os que cheguen de fóra, existen tamén descontos en Renfe. A través de Viaxes Piña xestionamos toda esta información, que tamén se pode atopar na nosa web ourenseiccweek.com.

Por que non se pode faltar á ICC Week?

M. A.: Porque o sentido deste evento está nos propios cidadáns, que o pobo acepte este proxecto como seu, como un proxecto que pretende ser beneficioso para a provincia e a cidadanía en xeral. Porque cremos que Ourense merece este proxecto, merece estar ao fronte das industrias culturais e creativas. 

J. R.: Digamos que hai un terremoto cultural en Ourense, do 2 ao 7, de escala Ritcher 7, e chámase Ourense ICC Week. 

Te puede interesar