CONCILIACIÓN

Doce rapaces estrean o servizo de conciliación do Blanco Torres, en A Peroxa

O número de usuarios non está limitado a estes 12 actuais, senón que o Concello agarda "cos brazos abertos", segundo o rexedor Manuel Seoane, a chegada de nenos doutros municipios

O pasado mércores arrancou o servizo de conciliación que o Concello de A Peroxa puxo en marcha no CEIP Roberto Blanco Torres do municipio, para facilitar a convivencia das vidas familiar e laboral de veciños do concello e dos arredores. Un total de 12 rapaces arrancaron o servizo, que consta de distintas actividades polas tarde de luns a xoves: xogos libres, deportes variados, baile, karaoke, cine, .... Xa os venres pola tarde, os usuarios deste servizo irán a natación. 

O número de usuarios non está limitado a estes 12 actuais, senón que o Concello agarda "cos brazos abertos", segundo o rexedor Manuel Seoane, a chegada de nenos doutros municipios que desexen matricular os seus fillos nese centro. "Non nos importa de onde sexan, queremos darlle vida ao colexio. Nós atendemos as solicitudes", engade. O horario adaptarase á demanda, puidendo ir " desde ás 7 da mañá e ata as oito da tarde", conclúe.

Te puede interesar