Barítono e mestre de música

ELISEU MERA: 'É moiti doado e barato escoitar unha ópera que ir ver un partido de fútbol'

O barítono ourensán Eliseu Mera
Este virtuoso ourensán e 'activista da ópera' ten compartido escenario con cantantes da talla de Leo Nucci, María José Moreno, Lola Casariego, Dmitry Ulianov ou Federico Gallar. Pese a súa xuventude, conta cunha intensa bagaxe profesional as súas costas e xa apunta entre os barítonos galegos con máis proxección internacional.
A música clásica vencéllase habitualmente a un estilo elitista e culto. Son un impedimento estes estereotipos para a súa popularización?
A música clásica sóese ver como algo privativo, pero non é certo porque, por exemplo, unha entrada para ó festival de Ópera da Coruña é moito máis barata que unha entrada para un partido do Depor, que está na segunda división. Pese a elo, dise que a música é elitista e o fútbol un espectáculo popular.


Aínda se coservan certos clichés como que a ópera vai dirixida a grupos burgueses porque antigamente importaba máis a apariencia social que o espectáculo en si mesmo. Pero hoxe en día é accesible para tódolo petos.

Seguindo co símil futbolístico, os coñecementos previos son máis necesarios nestes espectáculos deportivos, xa que cómpre saber o que é un gol; un penalti; un fóra de xogo; quen pode tocar o balón coa man ou a función da área. Na ópera, basta con sentarse na butaca e comezar a gozar coa música e coa historia que nos conta. Soamente é cuestión de perderlle o respecto. Moita xente que nunca viu unha ópera na súa vida e de repente escoita unha obra dun dos grandes, coma por exemplo Rigoletto, logo quedan verdadeiramente abraiados. Por tanto, os coñecementos previos non son necesarios para apreciar e disfrutar desta música.

Hai países, como Alemaña, onde calquera cidade con máis de 150.000 habitantes teñen un edificio para a ópera, pero en España non o hai nin nas grandes cidades. Respecto a programación, xa comenza a ser algo máis estable que no pasado.

Que papel xogan as redes sociais e internet na popularización desta arte?
Axudan moito a achegarse ó público porque fai corenta anos ningunha das grandes figuras do xénero se relacionaba cos espectadores, pero hoxe xa todos teñen as súas contas nas redes sociais, onde interactúan cos afecionados e colgan vídeos das súas actuacións ou ensaios. Hoxe en día, camíñase cara á figura do que eu dou en chamar o 'cantante 2.0'.

É posible vivir exclusivamente da ópera en Galicia?
É complicado se non se complementalo coa docencia ou outras actividades, pero non descarto tentalo a medio prazo.

En que proxectos está enfrascado nestes momentos?
O máis próximo é un concerto na Cidade da Cultura, que se celebra dentro do ciclo 'Os seráns do TAC'. Neste espectáculo interpretaremos 'The four note opera', de Tom Johnson.

Te puede interesar