En exposición pública o plan de conservación do Puzo do Lago

O Plan de Conservación do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) Puzo do Lago, ubicado no Concello de Maside está nestes momentos en periodo de exposición pública.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas concede 20 días aos interesados na tramitación da declaración definitiva deste ENIL, que comprende unha superficie de 31,40 hectáreas, incluíndo terreos clasificados como dominio público hidráulico.
Este documento supón un apoio ao desenvolvemento e a conservación dos valores naturais e da biodiversidade, a través do mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais, tamén sinala o réxime de protección, para manter, mellorar ou restaurar ecosistemas. Ademáis, fomenta a participación pública, a través de cooperación activa dos sectores sociais e económicos, asumindo unha responsabilidade compartida na conservación, a prevención e a planificación para impedir o deterioro ambiental.

Te puede interesar