ENTREVISTA

Eva Gómez: "Formamos ao neno, que se sinta capaz a través dos seus xogos”

perfil_eva_06_12_17_result
photo_camera Eva Gómez

Dende o pasado mes de outubro, entre as 16,00 e as 19,20 horas estanse desenvolvendo nas instalacións de Pádel Oira uns obradoiros de Práctica Psicomotriz Vivenciada, actividade especialmente recomendada para nenos de entre dous e sete anos. Está dirixida pola psicomotricista ourensana Eva Gómez.

Dende o pasado mes de outubro, entre as 16,00 e as 19,20 horas estanse desenvolvendo nas instalacións de Pádel Oira uns obradoiros de Práctica Psicomotriz Vivenciada, actividade especialmente recomendada para nenos de entre dous e sete anos. Está dirixida pola psicomotricista ourensana Eva Gómez.

En que consiste esta actividade?

É unha práctica que parte do xogo espontáneo do neno, co obxectivo básico de acompañalo na súa maduración psicolóxica. Utilizamos o corpo como excusa, como medio, pero a finalidade é atender a dimensión cognitiva e, sobre todo, a dimensión afectiva, que o neno se sinta capaz.

Como é unha sesión?

Existe unha figura, que é a do psicomotricista, que aporta seguridade ao neno, e logo hai un entorno onde se combinan espazos e tempos cun material determinado, onde se lle permite ao neno desenrolar tódalas posibilidades do seu corpo dunha forma espontánea. A través dese xogo pódense detectar e prever dificultades de comportamento. Neste momento no que cada vez hai menos espazos para o xogo libre e a expresión do comportamento a través do corpo, o entorno que nos ofrece Oira pode ser unha boa oportunidade de aprendizaxe.

A que franxas de idade vai dirixido?

A idade recomendada é para nenos de dous a sete anos, xa que é un periodo no que o pequeno ten que moverse para pensar e na que se asentará a base da súa personalidade, actitudes tónicas, psicomotrices e psicolóxicas.

Como se desenvolve a actividade?

Unha xornada comeza coa ruptura do muro e 40 minutos de xogo motor e de xogo simbólico, despois contamos unha pequena historia e rematamos cun tempo no que os nenos pode construir ou pintar. A idea é  acumular nunha hora todo o proceso de maduración do neno. Como máximo temos 10 nenos por sesión.

E cal é o obxectivo final?

Aporta seguridade ao neno, que aprenda a afrontar os seus propios medos, que se sinta contento co seu propio corpo, porque se un neno non o está, terá problemas de relación e de aprendizaxe. O monitor acompaña ao desenrolo do neno dende as súas fortalezas.

É novedoso en Galicia?

Xa existe en Santiago, pero no País Vasco está ao orden do día. En Galicia está comezando.

Te puede interesar