TERCER FORO DA COMUNICACIÓN

Expertos en comunicación destacan o valor do profesional

DSC_4208_result
photo_camera Los premiados recibieron sus galardones en un acto al finalizar la jornada en Expourense.

O foro organizado por Expourense contou coa participación dunha quincena de poñentes

O recinto feiral de Expourense acolleu onte a terceira edición do Foro da Comunicación de Galicia, un punto de encontro para xornalistas que analizaron a situación actual pola que atravesa o sector. "O periodismo ten dificultades para atopar un oco neste mundo no que as redes sociais e o avance tecnolóxico llo están poñendo complicado", explicou Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. No mesmo acto de apertura, o vicepresidente da Deputación Rosendo Luis Fernández, explicóu que a comunicación xoga un papel fundamental na xestión empresarial aínda que os directivos non o teñan en conta: "Moitas empresas fracasan cando saen das nosas fronteiras por unha mala comunicación", dixo.

Na xornada de onte participaron un total de 15 poñentes entre os que destacou o presidente da Asociación Española de Investigación da Comunicación, Miquel de Moragas Spà, que inagurou o encontro cunha conferencia que levaba por título "A cidade, sistema de signos e espazos de comunicación". O teórico catalán presentou un traballo de investigación centrado na cidade de Barcelona e que sairá a luz próximamente nunha publicación. Miquel de Moragas criticou aspectos como a comercialización excesiva das rúas ou dos servizos "como a liña de metro número dous de Madrid que recibe o nome de Vodafone Sol", e defendeu o valor dos espazos públicos como referentes para calquera cidade.

Outro dos participantes desta xornada foi o asesor de comunicación da Deputación, Fernando Rodríguez Méndez, que presentou "Smiley Water", un proxecto de termalismo solidario que ten como obxectivo axudar aos nenos de países en conflito de Oriente Medio.

Aspectos como a comunicación para a cooperación, a científica, a empresarial ou a viralidade nas redes tiveron tamén protagonismo.

O programa de actividades deste tercer foro concluíu coa tradicional entrega dos Premios á Comunicación Innovadora de Galicia. Este ano os galardoados foron a revista GCiencia, a axencia de publicidade Quatto IDCP coa campaña "Sex Invaders"e o proxecto tecnolóxico Pilgrim. A canle de televisión FollowUS Televisión, promovida polo Grupo Galego de Televisión e Comunicación de Ourense, recibiu o premio á Iniciativa Emprendedora no eido da comunicación.

Te puede interesar