ACCIDENTE

Un home resulta ferido nun accidente de tractor en Parada de Sil

Ao lugar trasladouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense

Por outra banda, un home resultou ferido ás 17,30 horas deste sábado ao envorcar o tractor co que traballaba no concello ourensano de Parada de Sil.

Ao lugar trasladouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense aínda que, finalmente, non foi necesario o traslado do ferido, que foi atendido no punto, conforme precisou o CAE 112 Galicia.

Ao lugar, ademais acudiron os servizos de Urxencias Médicos 061, efectivos do GES de Castro Caldelas, axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Parada de Sil.

Te puede interesar