Unha guía destaca a vantaxe da nosa lingua en países de fala portuguesa

O idioma galego axuda a exportar ós empresarios

Francisco Vispo, Pérez Canal, Valentín García e David Sobral, onte na presentación no Polígono. (Foto: MARCOS ATRIO)
'Exportar en galego' é unha iniciativa da Consellería de Cultura e da Federación galega de Parques Empresariais, entre eles o Polígono de San Cibrao, que se presentou onte no recinto desta última asociación en Ourense.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e membros da directiva do Polígono, representada polo empresario José Manuel Pérez Canal -responsable da comisión de exportación deste colectivo empresarial-, deron conta desta iniciativa, dirixida a promover o uso do galego no ámbito dos negocios, e concienciar ó empresariado de que a lingua propia de Galicia supón unha vantaxe competitiva nos países de lingua portuguesa.

Valentín García animou ós empresarios a aproveitar esta situación porque 'o galego é unha oportunidade, o vínculo que nos conecta con novos espazos e novos mercados, nomeadamente mercados emerxentes de fala portuguesa como Brasil o Angola'.

Por iso, foi presentada unha guía, que os empresarios poderán utilizar se desexan exportar os seus productos, porque a publicación recolle os datos necesarios para iniciar accións de exportación e internacionalización en países de lingua portuguesa. De feito, a guía analiza eses mercados e amosa como chegar a acordos de xeito máis sinxelo.

Te puede interesar