Presidente da Deputación de Ourense

JOSÉ LUIS BALTAR PUMAR: 'Voume porque quero, se preferise quedar pouco me importaría o que dixeran outros'

Baltar posa para o fotógrafo nun dos pasillos do Pazo provincial (Foto: XESÚS FARIÑAS)
José Luis Baltar Pumar pecha hoxe na Deputación unha amplísima etapa de 22 anos na presidencia e máis 44 na vida política ourensá. Vaise pero marcando o camiño polo que deberá continuar a institución, que non é outro que poñela en mans do seu fillo, Manuel Baltar, por moito que un e outro resístanse a confirmar o que é un segredo a voces. De feito, acaba por recoñecer coas súas respostas que a estratexia da sucesión estaba fixada dende hai meses, moitos meses, só faltaba atopar o momento oportuno.
Realmente, pediulle Feijóo que quedara máis tempo, como xa llo prantexou cando renunciou á presidencia do partido?

Non, porque xa Manuel (Baltar) falara con el e xa quedáramos en que eu me iba; en outono non foi posible porque estaban convocadas as eleccións xerais. Agora é unha boa época, co presuposto da Deputación para este ano aprobado e cun adianto das eleccións autonómicas que non será ata outubro ou novembro.
O seu electorado pódese sentir enganado pola súa renuncia só seis meses despois de ser elixido presidente?
Non porque, aínda que o PP falou de que eu era o candidato á Deputación, realmente vótanse as listas ás municipais. Que se pode buscar a lectura de que foi un fraude ó electorado? Bueno, pódese, pero eu non lle dou esa importancia.

Si. A ver se me entende, ó tratarse dun fillo tódalas demáis variables quedan oscurecidas. Pódeme dicir calquera que esto non é ético ou moi vendible, igual que cando quedou de presidente do partido; pero pódeme máis o que meu fillo necesite e queira ser, para que eu o axude e poña da miña parte todo o posible. Se eu tratara de meter ó meu fillo aínda que non servira para nada, entón si que estaría a facerlle un flaco servicio ó PP. Pero non e así, e teno demostrado. Que os hai máis intelixentes? Por suposto, pero tamén os hai peores.

O meu paraugas estao a perxudicar porque se necesita que el empece a traballar para ver a súa xestión. Que non pense todo o mundo que o que segue movendo os fíos é o pai. Por eso eu, a partires de mañá (por hoxe), non quero volver pisar o Pazo provincial. Hai que darlle responsabilidade e que demostre o que vale. Esto ten un período e o xulgará o pobo.

Non me consta que ninguén deles se postulase para a presidencia, e direille que foi moi fácil falar cos nosos deputados. Sei ós que teño no grupo.

Capacidade de traballo e cercanía, por eso insisto en que eu estou cos de abaixo, non cos de enriba. Confésolle unha cousa: eu non sería presidente da Deputación se os alcaldes non me apoiaran. A outros que optaron á presidencia cando se foi Victorino Núñez para Santiago, como Cid Harguindey, Isaac Vila ou Gabino García, falloulles eso. Tiñan o apoio do presidente pero non o dos alcaldes. Entón prantexamos unha reunión de rexidores, eu leveinos ó meu terreo e grazas a eso fun eu o presidente. Lémbrome incluso que Harguindey, do que fun gran amigo, xa encargara o traxe para a súa investidura e eu despois eu tomáballe o pelo e dicíalle: 'Pensei en mercarcho pero non me servía'.

Ben, e cre que o seu fillo ten esas capacidades para manterse?
Ten que telas porque a xente está acostumada a que a atendan. Daquí non se pode escapar. Para facerse coa xente e cos alcaldes hai que estar as 24 horas dispoñible e se non é así, pode haber serias dificultades. Cando cambias para millor non hai problema, pero se o o fas para peor, eso non se vai entender.

Ó final vaise polas ambicións políticas do seu fillo?
En absoluto. Que quede claro que non porque a min non hai quen me mande. Se eu non estivera dacordo en irme, pouco me importaría o que dixeran outros.

Non viñen á Deputación para concebir os rapaces de toda a provincia. Teño a que teño, pero a Deputación por si soa non pode levantar Ourense. Eu téño responsabilidade pero o PSOE e o BNG non? Se é así, eu voume agora e verá que pronto melloran a provincia. Hai que facer unha discriminación positiva; por que no reparto dos fondos do Estado é a que leva menos? Por que a Xunta non invirte máis? Por que aquel fondo de compensación concedido por Europa para Ourense ía para Pontevedra e A Coruña?

Te puede interesar