Maceda clausura os seus cursos de desenvolvemento do pobo xitano

A socialista no Concello de Maceda Ana María Rodríguez, expresou a súa satisfacción pola boa acollida dos programas do Plan de Desenvolvemento Xitano. 'É a educación, a formación, o eixo central da nosa actuación para mellorar a integración', señalou a concelleira.Precisamente onte se celebrou a entrega de diplomas.
Especialmente motivadas se manifestaron as persoas adultas, maioritariamente mulleres (15 distribuídas en dous grupos), que participaron no curso de alfabetización.

Os participantes da segunda edición do curso de cociña saudable, ao que asistiron 15 persoas, e do curso de carpintería, que contou con 12 alumnos, valóranos moi positivamente polas aprendizaxes prácticas das que están xa a tirar proveito. Ademais, a final de mes remata por esta tempada o curso de aeróbic, no que participan 10 mozas.

Te puede interesar