Nenos de Río dan os seus primeiros pasos en inglés

photo_camera Entrevista a la gerente de la empresa organizadora del evento, Happiness Escola de Idiomas, Sonia Bugallo.
Unha decena de pequenos disfrutaron dun día de inmersión lingüística en inglés na Casiña Azul.

“Descubre Río en inglés” é o nome da singular proposta lúdica para aprender inglés no entorno rural que tivo lugar este sábado 26 de marzo no Concello de San Xoán de Río. 

A actividade desenvolveuse desde as 12,00 ata as 16,00 horas nas instalacións da Casiña Azul. 

Preto dunha decena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos participaron de balde neste obradoiro organizado por Happiness Escola de Idiomas no pequeno concello ourensán, na que os cativos se sumerxiron nunha completa inmersión lingüística, tal e como sinalaba Sonia Bugallo, directora da actividade e xerente da empresa.

O grupo de nenos participou en diferentes actividades guiadas totalmente en inglés, e a pesar de non ter a mesma idade, “nun primeiro momento tiñan vergoña, pero pronto se foron integrando en todas as actividades” destaca a organizadora da actividade.

Desde facer unha xinkana buscando ovos de pascua pola vila ata cociñar foron algunhas das iniciativas que os pequenos realizaron ao longo da xornada. Mesmo fixeron galletas que ao final da actividade lle achegaron de agasallo aos nenos ucraínos recén chegados a localidade.

Te puede interesar