Obituario | Au revoir, Annie Gossuin

Annie Gossuin.
photo_camera Annie Gossuin.

Súa filla deume a noticia, rota pola dor. Finou Annie Marcienne Devisse, alumna en Toulouse, compañeira, amiga, confidente e finalmente esposa do noso inesquecíbel irmán Antón Risco.

Coñecina, xunto ao meu marido Arturo Lezcano, a inicios dos 60 na súa primeira viaxe a Ourense para visitar a familia e gozar da compaña e a verba do seu admirado sogro Vicente Risco. Antón e Annie eran un matrimonio feliz. Segundo as palabras dela, viron o paraíso coa chegada das súas dúas fillas, Anita e Florita, ás que se entregaron en corpo e alma. 

Annie era unha muller bela por fóra e por dentro. Intelixente, culta, con grandes inquedanzas intelectuais e sobre todo cuns sólidos e inquebrantábeis principios. Falaba perfectamente o castelán e con bastante fluidez o galego.

Escribiámonos extensas cartas e mantiñamos longas conversas telefónicas nas que non só se interesaba por familiares e amigos, senón tamén pola Fundación Vicente Risco...

Residían en Quebec logo de ter pasado un tempo en Eugene, Oregon, nos Estados Unidos. Sen embargo, o seu amor a Galicia e a morriña leváronos a comprar un piso en Moaña, onde viviron un curto período de tempo antes do pasamento do Antón, en 1998.

A partir dese momento, Annie xa non volveu a Galicia. Escribiámonos extensas cartas e mantiñamos longas conversas telefónicas nas que non só se interesaba por familiares e amigos, senón tamén pola Fundación Vicente Risco, pois sabía con canto amor a puxera en marcha seu home.

Hai non máis dun mes falei con ela un bo anaco. Non se atopaba ben, e malia iso non lle faltaron os bos consellos para que eu me coidase. 

Aínda non podo asimilar que esas conversas non se han repetir.

Descansa en paz, Annie, querida amiga, irmá, e ten por seguro que sempre sempre estarás no meu corazón.

Viruca.

Te puede interesar