Ríos Limpos sinala que a desfeita producida en Vilar de Barrio inclúe 'unha árbore senlleira'

As obras do AVE destruíron un bosque centenario en A Limia

Pista aberta polas obras do AVE en Vilar de Barrio e que afecta a un bosque centenario.
A Plataforma Ríos Limpos desvelou onte a destrucción dun bosque centenario (1,2 hectáreas-12.000 metros cadrados) na cabeceira do río Arnoia pola construcción dunha pista de acceso ao túnel Porto-Prado (Vilar de Barrio), obra adxudicada polo Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) á Unión Temporal de Empresas (UTE) Dragados-Tecsa. 'A construcción desta pista de perto de 700 metros de lonxitude e a destrucción desta fraga autóctona realizouse nestes últimos días, destrucción que se podía evitar posto que hai accesos alternativos para as obras que se realizan no devandito tunel', sinalan dende o grupo ecoloxista.<
'A construcción desta pista de perto de 700 metros de lonxitude e a destrucción desta fraga autóctona realizouse nestes últimos días, destrucción que se podía evitar posto que hai accesos alternativos para as obras que se realizan no devandito tunel', sinalan dende o grupo ecoloxista.

Ríos Limpos lembra que as obras do AVE xa destruiron nesta parroquia (Porto-San Pedro de Maus) 27 hectáreas de carballeiras, soutos de castiñeiros e bosques de ribeira. Adif tamén pretende mediante o 'modificado de proyecto' a expropiación e ocupación de outras 18 hectáreas dun souto milenario e dun bosque de ribeira no corazón do río Arnoia, asegura o grupo ecoloxista.

'A toda esta destrucción medioambiental sumaselle agora a construcción desta pista dende Borrán a embocadura do túnel Porto-Prado coa conseguinte destrucción doutros 12.000 metros cadrados de fraga autóctona, as obras do AVE van supor neste pequeño val a perda de 47 hectáreas (470.000 metros cadrados de bosques autóctonos)', según explican desde Ríos Limpos.


CASTIÑEIRO EMBLEMÁTICO

Entre as árbores destruidas 'atopase un castiñeiro centenario que en calquera dos países da nosa contorna sería declarada árbore senlleira. Castiñeiro de 5,80 metros de perímetro (1,60 metros de diámetro), a destrucción desta árbore púdose evitar con só cambiar o trazado da pista tres metros, unha demostración máis da total falla de sensibilidade neste caso, exemplifica o grupo ecoloxista.

Nos 600 metros de pista tamén se destruiron varios carballos de 100 centímetros de diámetro e uns 25-30 metros de altura, asi como multitude de especies tanto arbóreas como de matogueiras co conseguinte perxuizo para a fauna e calidade das augas, apuntan dende Ríos Limpos, que sinala que vai presentar as correspondentes denuncias por estas actuacións diante das administracións públicas, xa que as empresas adxudicatarias do AVE 'están a facer modificacións sobre os plans orixinais cun grave perxuicio para o medio ambiente e os veciños'.

Te puede interesar