eleccións municipais

Ourense en común aproba o seu regulamento de primarias

ourenseencomun
photo_camera ourenseencomun

Este novo modo de facer política busca a inclusión e participación activa do máximo número de cidadáns

Ourense  en Común é o espazo de confluencia cidadá de cara ás eleccións municipais de maio de 2015. Nel participa cidadanía ourensá, persoas dos movementos sociais e dos colectivos organizados politicamente que pretenden transformar a acción de goberno municipal dándolle por fin o protagonismo á xente do común.

Onte ata case un centenar de persoas achegáronse ao Centro Cívico da Ponte nalgún momento do día para participar na construción do regulamento de primarias do que resultará a candidatura cidadá para as próximas eleccións municipais do mes de maio. Durante máis de 8 horas, nun ambiente marcado pola inclusión e participación activa, debatéronse todas as arestas posibles para garantir unha candidatura fiel á filosofía de Ourense en común asentada en tres piares básicos pero fundamentais: transparencia, participación e horizontalidade.

Este novo modo de facer política, que pretende ser.un pulo de aire fresco para a cidadanía na viciada atmosfera da institución municipal, busca a inclusión e participación activa do máximo número de cidadáns, motor e razón principal da candidatura para o cambio. Así foi que texto por texto e palabra por palabra, cambiouse por consenso plural todo o que podería levar a dúbidas, tanto de intencións futuras como de compromiso de goberno.

A xornada foi retransmitida en directo por internet e pode visionarse novamente dende as redes sociais de Ourense en Común. O texto resultante será presentado publicamente para a consulta de calquera persoa interesada na súa web a partir do martes.

Te puede interesar