Transporte

O transporte ourensán refórzase con 16 buses

photo_camera La Xunta de Galicia recuerda que con la tarjeta Xente Nova, que ya tienen más de 4.000 jóvenes en la provincia, pueden viajar gratis en el transporte metropolitano

 

Ethel Vázquez destacou en San Cibrao as vantaxes da tarxeta Xente Nova

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou onte a incorporación de 16 nuevos autobuses ao servizo de transporte público da Xunta na comarca de Ourense e espera que supoñan “un incentivo e un revulsivo para incrementar o número de usuarios”. Así o indicou durante o acto de presentación, celebrado na sé de UNVI no Polígono de San Cibrao, dos novos vehículos que entrarán en funcionamento este ano a través da UTE Minho Bus-Gavilanes. Vázquez aproveitou para subliñar a inversión da Xunta “para garantizar un transporte público de calidade” e a súa gratuidade para os menores de 21 anos no transporte interurbano.

ma210830_2498_resultado

Vázquez recoñeceu “o esforzo do transporte” no contexto da pandemia, incorporando “máis autobuses, máis liñas, máis frecuencias e máis paradas”. Estes 16 novos vehículos son máis eficientes e accesibles ca os da flota actual, xa que dispoñen dunha rampla e plataforma de acceso, así coma dun sistema de suspensión que permitirá aos usuarios baixar o autobús ao nivel mínimo. Ademais, tamén están dotados de tecnoloxías que reducen a súa pegada ambiental. A titular de Infraestruturas destacou que a inversión da Xunta en transportes materialízase en Ourense en 75 rutas e 480 paradas que dan servizo a unha vintena de concellos de Ourense e todo o seu perímetro.

A conselleira tamén destacou a función da tarxeta Xente Nova, concretando que hai 4.065 mozos ourensáns que están a viaxar de balde grazas a esta axuda. Vázquez citou como exemplo que unha familia que teña un mozo estudando en Santiago, podería aforrar “2.700 euros ao ano”. Esta tarxeta está operativa en todos os concellos galegos dende maio.

Te puede interesar