POLÍTICA PROVINCIAL

A Deputación esixirá a axilización da candidatura da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural

Outros acordos do pleno de marzo da corporación provincial foron o apoio ao Ateneo, o apoio aos concellos da provincia afectados pola agrupación das oficinas do Rexistro da Propiedade, así como o programa provincial de cooperación cos concellos

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria correspondente ao mes de marzo, celebrada esta mañá no Pazo Provincial, o Programa provincial de cooperación cos concellos de menos de 20.000 habitantes para o co-financiamento da subministración de licenzas dun sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos, iniciativa para a cal a Deputación de Ourense destinará un orzamento de 296.208 euros en 2017 e 444.312 euros no exercicio de 2018. A contía económica que a Deputación de Ourense concederá para este fin dependerá do número de habitantes dos concellos.

Por outra banda, a corporación provincial aprobou o apoio ao Ateneo de Ourense para solicitar á Xunta de Galicia que colabore no mantemento das actividades desta entidade cultural, e instar ao goberno galego a dispoñer dun local para a exposición das obras de arte, así como dun salón de actos para dar continuidade a actividade cultural da entidade e, en tanto non se resolva o emprazamento definitivo do Ateneo nunhas dependencias dependentes da Xunta, a Deputación manifesta o seu compromiso de poñer a disposición do Ateneo de Ourense unhas instalacións provisionais que permitan manter a súa actividade.

O pleno aprobou tamén o apoio aos concellos da provincia afectados pola agrupación das oficinas do Rexistro da Propiedade, expresando o seu rexeitamento a calquera medida que implique a desaparición das oficinas do Rexistro da Propiedade nos concellos de Bande, Celanova, Ribadavia, A Pobra de Trives e Viana do Bolo, así como no futuro, de calquera outro municipio que xa conte con este servizo. O pleno insta ao Ministerio de Xustiza a manter en activo estas dependencias, así como a clarificar o alcance da denominada "agrupación funcional" e a manifestar tácita e expresamente se continuarán abertos os cinco rexistros afectados na provincia de Ourense polo Real decreto 195/2017.

A candidatura da Ribeira Sacra

O pleno do mes de marzo da Diputación de Ourense aprobou esixirlle á Xunta de Galicia o inmediato remate dos trámites pendentes para a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural e o inicio das xestións ante o Ministerio de Cultura para a declaración como Patrimonio da Humanidade.

Tamén se aprobou a axilización dos trámites cunha instancia ao Goberno de España, así como unha reclamación o Valedor do Pobo sobre os atrados que está a sufrir o informe.

Te puede interesar