Pobra de Trives e A Peroxa mellorarán a recollida de lixo

O Consello da Xunta aprobará hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Deputación provincial para executar unhas edificacións auxiliares para a xestión de residuos nos concellos da Peroxa e Pobra de Trives. Un investimento de 400.000 euros asumidos na súa totalidade pola Xunta de Galicia.
O proxecto permitirá dotar aos concellos cunha infraestrutura de apoio ao servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e tamén lles facilitará un lugar acondicionado como almacén de materiais (contedores, rodas, tapas...) e como cocheira para todo o parque móbil de maquinaria empregado no servizo de recollida de residuos sólidos urbanos.


ACTUACIÓNS

Na Peroxa, a instalación construirase no parque empresarial deste municipio, abarcando a recollida de residuos de Amoeiro, Coles, Vilamarín e A Peroxa. O proxecto, de 210.00 euros, inclue distintas naves, sinalización e urbanización, entre outros elementos, á vez que complementa o traballo de xestión de residuos que se fai a través do punto limpo que está operativo dende 2009.

As obras de construccion da edificación en Pobra de Trives realizaranse no lugar dos Chaos, na parroquia da Cal. Estas instalacións, de 166.000 euros, beneficiarán aos veciños e ao tecido empresarial da mancomunidade de Navea-Bibei.

Te puede interesar