Preocupación polos "sucesivos actos vandálicos" en Barbadás

Dende o Concello apelan á colaboración cidadá para evitar este tipo de actos

Dende o Concello de Barbadás veñen de solicitar formalmente a intervención das forzas e corpos de seguridade e apelan á colaboración cidadá para evitar actos vandálicos e incívicos contra os bens públicos.

O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, anticipou onte que o subdelegado do Goberno de Ourense, Emilio González Afonso, anunciou unha investigación para esclarecer os feitos e localizar ás persoas autoras dos sucesivos actos vandálicos contra o mobiliario público e o alumeado de Nadal.

Como subliñan desde o Concello, "dende hai semanas as luminarias do tramo entre o parque dos Patos e o polideportivo da Valenzá foron obxecto de actos vandálicos, producíndose importantes danos".

Numerosas luminarias foron arranxadas e tan só días despois volveron ser obxecto de actos de incivismo. Tamén se produciron danos nas farolas durante diferentes días, e na madrugada do venres ao sábado producironse danos en luminarias, sinais de tráfico, papeleiras e unha árbore do antigo centro médico.

Polo tanto, dende o Concello enviouse unha noticación á Subdelegación do Goberno e á Garda Civil. 

Te puede interesar