Educación

"O quilómetro 0 beneficia aos nenos e aos produtores locais"

Acto de entrega do selo “Comedor escolar Km0” no CEIP Saco e Arce de Toén.
photo_camera Acto de entrega do selo “Comedor escolar Km0” no CEIP Saco e Arce de Toén.
Tres colexios ourensáns reciben o selo que marca o seu compromiso coa alimentación saudable

Os colexios CEIP Saco e Arce de Toén, CPI Antonio Faílde de Coles, e Joaquina Gallego Jorreto da Merca recibiron onte o distintivo “Comedores escolares Km0”, un selo de compromiso coa alimentación saudable e cos produtores locais, inculcando nos máis novos os valores de manter unha boa alimentación. Ao acto asistiron Judith Fernández, xefa territorial de Educación en Ourense; Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense; Rosendo Fernández, presidente do Instituto Ourensano de Desarrollo Económico (Inorde); Manuel Seoane, presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (Adercou); e os alcaldes dos concellos das escolas recoñecidas.

Judith Fernández destacou que “é un orgullo que os centros se involucren nesta iniciativa, xa que é importante ensinar aos rapaces a comer”. Ademais, puxo o seu departamento “a disposición de Adercou” para que máis colexios se sumen a esta iniciativa. Rosendo Fernández subliñou que esta colaboración con Adercou “beneficia tanto aos rapaces, que comen mellor, como aos produtores locais, que poden atopar nos colexios un moi bo cliente”.

Pola súa parte, Manuel Seoane coincidiu cos anteriores que a iniciativa beneficiará “tanto a colexios coma produtores”, e espera que, “outros centros decidan sumarse a esta iniciativa”.

 

Te puede interesar