Reprochan a ausencia de Berán nun foro de termalismo

Os socialistas de Berán reprochan al PP la ausencia do presidente da Entidade Menor, José Luis Rodríguez, na reunión dos Municipios e Vilas Termais mantida esta pasada semana no Concello de Ourense sobre a adhesión á Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais. O portavoz do PSdeG, Tomás Lorenzo, considera pouco adecuado que en vez do presidente asistira o segundo tenente de alcalde de Leiro, Luis Iglesias, ó que considera un dos impulsores 'para a instalación da planta de lodos e un dos culpables como membro do grupo de goberno de que o balneario de Berán estea pechado', sentenció.
Lorenzo lembra que o balneario é o principal motor económico da parroquia, 'aínda que parece que o Partido Popular non pensa igual e por eso non envía á reunión a quen ten que defender os intereses xerais dos veciños de Berán', engadiu.

O edil considera que esta é unha mostra máis de que o presidente da Entidade Menor non deixa de ser 'un monicreque manexado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, que é quen en definitva controla o PP no municipio'.

Te puede interesar