Viso: "Votar en Ourense a Ciudadanos será un voto perdido"

mitin.xerais.pp.leiro.01_result
photo_camera Imaxe do mitin popular en Leiro.

No mitin celebrado en Leiro, o candidato popular ao Congreso fixo unha chamada directa ao voto, "como a única opción gañadora que non engana a ninguén”

O presidente do Partido Popular, Manuel Baltar, amosou hoxe a súa máis profunda convicción sobre o papel que debe xogar a promoción exterior no desenvolvemento económico da provincia, apostando por unha liña de traballo que tamén significa apostar “polo emprego, polas nosas pemes e as oportunidades laborais para os mozos, como así figura no programa do PP”.

Manuel Baltar realizou estas declaracións no mitin celebrado esta tade en Leiro, no que tamén participaron a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o cabeza de lista popular ao Congreso, Miguel Ángel Viso, e  candidato ao Senado e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.

O presidente provincial do PP referiuse na súa intervención á misión comercial de empresarios dos Estados Unidos, promovida pola Deputación, que hoxe iniciou en Ourense a súa axenda de contactos. Baltar lembrou “a enorme contribución que, a nivel nacional, fixo o sector da agricultura, da industria agroalimentaria e o mundo rural en xeral ao comercio exterior”, recollendo as palabras do candidato popular ao goberno, Mariano Rajoy, quen salientou que “estes sectores mesmo rivalizaron con outras industrias como o automóvil por ocupar a segunda posición na exportación”.

Ourense, engadiu, “ten os suficientes recursos, potencial e produtos de grandísima calidade para que o noso rural tamén teña un importante papel na balanza exterior de Galicia e de España”.  Un obxectivo, dixo, “no que o PP está a demostrar o seu compromiso con accións como a misión comercial que hoxe principiamos”.

O cabeza de lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso, fixo pola súa banda unha chamada directa ao voto das listas populares o próximo 26 de xuño “como a única opción gañadora que non engana a ninguén”.

Viso advertiu que votar a Ciudadanos é votar ao partido socialista, “como xa vimos no pacto que asinaron tralas eleccións de decembro”, pero tamén sinalou que en Ourense votar a Ciudadanos será regalar un diputado ás mareas de Podemos. “Na nosa provincia o partido de Rivera non vai conseguir escano, segundo din claramente as enquisas, polo que votar a Ciudadanos será un voto perdido ou, aínda peor, beneficiará aos extremistas”.

Te puede interesar