GASTRONOMÍA

'Sabores de Ourense' xa ten gañadores

sanmiguelpinchoface
photo_camera Imagen del pincho ganador, en el Facebook de GastroBar San Miguel

"O Atún e a Primavera", do Gastrobar San Miguel recibiu o primeiro premio

O luns 8 de maio ás 17:00 reuniuse no restaurante A Taberna o Xurado Profesional da 6ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera 2017 para a concesión dos seus premios. Este xurado estaba composto por:

- Rosa Celi Mouteira, profesora do IES Vilamarin

- Jesus Lastra, cociñeiro, formador e asesor de hostelería (http://mrchefonline.es/)

- Silvia Pardo, responsable de comunicación do Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR

- Sonia Albor, en representación do Concello de Ourense

- Jose Manuel García, xornalista e presentado do programa “Come ou Fala” da Radio Galega

Os galardoados nesta edición, a resolución do xurado, foron;.

- 1º Premio Xurado:

“O Atún e a Primavera”, do Gastrobar San Miguel: Atún vermello en remolacha e mariñado en salsa Yoki, xema encurtida e afumada, salteado de trigueros, allo porro e amorodos, aire de Abril e folla de ostra

- 2º Premio Xurado:

“Choco Donut”, do Bacelo: Trompe-l'oeil de donut de chocolate, enchido de chocos na súa tinta, con algas e herbas de litoral

- 3º Premio Xurado:

“Tesouro Mariño”, do Tapa Negra: Profiterol enchido de tartar de sardiña afumada, salpicón de boi, mazá “cuí”, aceite de chile doce e crema de ovo fritido con puntilla

O luns 15 de maio procederas e entrega de premios no Salón de Plenos do Concello, onde se darán a coñecer a maiores os gañadores dos 3 premios do público, o premio da aplicación “Sabores de Ourense” e máis o premio especial celíacos.

Te puede interesar