Renovarse ou morrer, reza o dito. En Allariz sígueno ao pé da letra, porque aprenderon que o esmorecemento dos anos setenta e oitenta era un mal camiño. Decidiron renovarse e nise camiño alumearon en 2010 o Festival de Xardíns, que fixo de A Gra

Un xogo entre a arte e a natureza

Non é segredo que Allariz ten sido exemplo de evolución ó longo das últimas décadas. É o paradigma de pobo que fuxiu do que nos anos setenta e oitenta era xa un camiño imparable cara ningures. Os accesos a Galicia retiraron o tráfico da N-525 do centro da vila, que provocou que os viaxeiros pasaran de largo. Foi a puntilla para a vida de un concello que esmorecía, víctima dos embates da modernidade. Os coches non paraban e os xoves íanse de emigrantes ó País Vasco e a outros puntos, acelerando a despoboación, que só se rompía nos meses de verán.
Pero aquela dinámica rachou e gobernantes e cidadans decidiron que se impoñía un xiro copernicano, inoculando de facto no imaxinario do colectivo veciñal a famosa frase que duas décadas despois faría famosa Barack Obama. Sí era posible cuestionar a deriva do esmorecemento e buscar outras fórmulas que garantiran o futuro.

Nesas están, pois aínda que o éxito da estratexia é evidente, obliga a non parar, pois o día que un pobo detén a sua marcha, escomenza a ir cara a baixo. En tal contexto, e ó rebufo da Reserva da Biosfera, Allariz instaurou o Festival Internacional de Xardíns. Aproveitou para elo o espazo de A Granxa, a carón da marxe dereita do Arnoia segundo escomenza a apartarse da zona mais poboada. Acomodar alí o Festival de Xardíns conlevou consigo recuperar un espazo desaproveitado para convertilo nun paraxe de beleza singular, que ca consolidación do certame (xa vai pola cuarta edición e medrando), gañouse o estatus de espazo con alma, no que os visitantes teñen a garantía de sumerxirse nun ambiente de paz en total armonía ca natureza. Alí teñen cabida a arte xardineira e a cultura, a través dunha amalgama de obras escultóricas de natureza heteroxénea, como os seus autores.

O Festival Internacional de Xardíns en A Granxa escomenzou a celebrarse no ano 2010 e a sua progresión foi constante, ata o punto de que camiña cara o espazo verde de O Ferradal que, por outra banda, contribúe a darlle unha especie de continuidade conceptual. O certame ten hoxe montada a cuarta edición desta iniciativa que manexa o Concello, pero que ten un desenrolo coral, pois conta co mecenazgo dunha ducia de empresas, entre elas La Región, unha por cada xardín instalado.


ONCE XARDÍNS

Na presente edición concursan once traballos, procedentes Alicante, A Coruña, Madrid, Viena, París, Chaves, Sevilla, Santiago de Compostela, Gran Canaria, Brasil, Holanda e Guipúzcoa, ademáis do espazo brasileño 'A auga é vida, a auga viva', deseñado por Raúl Diniz, que foi o gañador da edición de 2012 e que iste ano xa non concursa.

Os traballos teñen que estar inspirados en Allariz e estarán expostos dende o 17 de maio ata o 31 de outubro, cun horario de visitas que vai das 11 ás 14 horas polas mañáns e de 17 a 22 polas tardes. A afluencia soe ser racional, ainda que no mes de agosto multiplícanse os visitantes, ata o punto de que o persoal encargado do recinto apunta que 'é o mes determinante no fluxo de xente que pasa por eiquí', que o ano pasado acadou as 40.000 persoas. Non están seguros de que iste ano se chegue a ises guarismos, 'xa que ca crise estáse notando que a xente viaxa menos'. En todo caso, insisten en que 'dependerá dos números que arroxe o mes de agosto', que están sendo esperanzadores.

No que se refire ós comentarios dos visitantes, o persoal responsable dí que 'é un espazo moi agradable e gústalles moito, ainda que nos días de moito calor, polas tardes, quéixanse un pouco da falla de sombras. Polas mañás, a vexetación arbórea chantada na beira do río encárgase de tapar o sol e proporcionar un ambiente de frescor. Pola tarde, vai rulando cara o lado contrario, onde xa non hai defensa posible. Ainda así, a auga que corre encauzada por canais e pequenos regos ó largo de todo o recinto, as fontes e algúns microdifusores, contribúen a atenuar os efectos do rigor atmosférico.

A procedencia dos visitantes é variopinta, pero a palma lévana os que veñen do País Vasco, Barcelona e Madrid, por ise orden. Pero tamén os hai de outros lugares ben alonxados dos considerados estándares. Por exemplo, no rexistro figura unha parella procedente de Arabia Saudita, que ata o de agora e dos que máis chaman á atención.

Da existencia de xente de todas partes da idea o momento de elaborar esta información, xa que os primeiros visitantes abordados son un grupo de seis persoas, conformadas polos pais, un fillo e unha filla e unha parella de avós. Proceden de Extremadura. Precisamente o patriarca José María é un entendido en prantas e flores, aínda que a sua profesión non tivo nada que ver con iste eido. 'Siempre me han encantado las plantas y los jardines', dí, mentres a sua muller remarca a afirmación, apuntando que 'durante toda la vida ha dedicado la mayor parte del tiempo libre a cuidar el jardín de casa'.

Artur e Candela son dous cataláns que veñen ca sua cativa de seis meses e disfrutan do que están vendo. 'Es un espacio muy agradable; es un canto a la imaginación para recreo de los visitantes', aunque a continuación añaden, que 'Allariz es muy bonito. Es un pueblo muy bien cuidado'. Ós coruñeses Gloria e Alberto tamén lles parece 'unha cousa marabillosa', que veñen a ver porque 'tiñamos lido informacións sobre o Festival e aproveitamos as vacacións para achegarnos ata eiquí'.

Te puede interesar