ECONOMÍA

A Xunta establece un plan para fomentar o pastoreo no macizo central ourensán

Medio Rural destinará 800.000 euros para mellorar a situación desta actividade económica

A Consellería do Medio Rural desenvolverá un plan específico para o pastoreo no macizo central ourensán cun orzamento de 800.000 euros que posibilitará a ordenación e posta en valor da zona, así como a mellora na loita contra os incendios forestais. 

Unha zona na que estivo este venres a conselleira Ángeles Vázquez  e onde mantivo unha reunión con gandeiros e representantes municipais.  Alí explicou que este plan aplicarase entre este ano e o vindeiro, pero que primeiro era necesaria unha análise da situación dos pastos. Unha vez feita, se levará a cabo a regularización da actividade buscando harmonizar os intereses de todos os implicados. 

Explotación de vacún de carne

A maiores, a titular de Medio Rural coñeceu unha explotación de vacún de carne. Explicou que este ano en Galicia houbo un total de 126 incorporacións de mozos ao agro dentro da orientación produtiva de vacún. 

Te puede interesar