A Xunta velará pola protección do terriorio e a paisaxe de Toén

A Xunta e o Concello de Toén firmaron onte o convenio de colaboración para o ingreso do municipio na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), sendo a partir de agora a administración autonómica a encargada de velar polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o rexedor municipal, Ricardo González, asinaron o acordo na sede da Xunta en Santiago de Compostela.

O mesmo día, o Concello de Valdoviño asinou este convenio de colaboración, polo que ascende ata 93 as administracións locais galegas que están adheridas á APLU, das que 28 pertencen á provincia de Ourense. Vázquez sinalou que, con estes acordos, os concellos ceden as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza nas seguintes clases de solo: solo rústico ou non urbanizable; solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento; e núcleos rurais delimitados no PXOM. Pola súa parte, a APLU comprométese a transferir ás entidades locais adheridas un 10% do produto das multas coercitivas e das sancións que impoña. A Xunta pretende seguir incorporando a máis concellos, ao tempo que se incrementa a colaboración cos que xa están adheirdos, “xa que esta actuación conxunta é sinónimo de éxito.

Te puede interesar