PARADA DE SIL

Parada de Sil estará un ano máis na feira Xantar

O 5 de marzo, día de Parada de Sil na Feira, farase a presentación dun novo libro do profesor da Brown University e veciño de Parada de Sil Antonio Carreño.

O Concello de Parada de Sil participará un ano máis na feira gastronómica Xantar e o seu día será o 5 de marzo. Acudirá cun restaurante renovado e profesionalizado, no que estarán presentes as labras de castaña ó polvo e o xarrete estofado.

O 5 de marzo, día de Parada de Sil na Feira, farase a presentación dun novo libro do profesor da Brown University e veciño de Parada de Sil Antonio Carreño. O libro titúlase "Crónica dun maestro rural. De Boston á Ribeira Sacra" e a presentación do mesmo correrá a cargo do xornalista Lalo Pavón.

Te puede interesar