Os Bolechas levan o noso Entroido aos coles galegos

Poñen en marcha un concurso escolar para os centros de infantil e primaria de toda Galicia

O Entroido é unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade, con múltiples variantes segundo o lugar. Os Bolechas e Grelo Comunicación poñen en marcha un Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria de toda Galicia. A participación é moi sinxela. As aulas que desexen participar deberán enviar unha foto relacionada co Entroido acompañada dun título ao correo electrónico: [email protected].

Pode ser unha foto da clase disfrazada ou traballando calquera tema relacionado co carnaval, un detalle do Entroido, un disfraz da zona da que sexa o colexio que vai participar, un prato típico destas datas tan galegas… Todo vale con tal de coñecer como están celebrando as nenas e nenos de Galicia esta data tan divertida e que ten tan fonda tradición entre os nenos e as familias de Ourense. 

Algunhas das fotos serán publicadas nas redes sociais dos Bolechas pero todas as enviadas ó concurso recibirán un diploma de participación e entrarán no sorteo de 20 fantásticos agasallos, entre os que hai material informático, discos dos Bolechas e lotes de libros da popular familia galega
O prazo para enviar as fotos estará aberto desde  o luns 21 de febreiro ata o venres 4 de marzo.

Os Bolechas teñen tamén nas redes sociales unha unidade didáctica da festa que é tamén unha das preferidas polos máis novos, de aí a facilidade para aproveitar este interese e traballar múltiples aspectos formativos: historia, xeografía, tradición, valores, música, gastronomía, plástica…

As posibilidades son case infinitas e a guía  quere ser o primeiro contacto teórico co carnaval e, en concreto ao Entroido galego.

Te puede interesar