Dende a morte dunha xove valdeorresa devorada polos lobos, á “moza do magosto"

Carlos Casares leu o pregón en 1972. Enriba, a Moza do Magosto de 1966.
photo_camera Carlos Casares leu o pregón en 1972. Enriba, a Moza do Magosto de 1966.

Entre os elementos que adoitaban distorsionar, cando non fender abruptamente, a harmonía festiva dos magostos, destacaría o etnógrafo os ciumes, tan dados a acender a mecha para que a xoldra se convertera de súpeto nun estrondo mortífero que non escollía vítima.

Velaí o que di "El Correo de Galicia" o 16 de novembro de 1916 : "En Parada de Amoeiro se cometió un crimen cuyo móvil aún no se conoce. El muerto es un joven de 25 años. Parece ser que la causa fue el no haber acudido uno de ellos a un magosto organizado por los mozos del pueblo, al preferir pasar la tarde con su novia. De noche ya, se encontraron los que regresaban del magosto con el que no había ido y debió originarse un disgusto, de lo cual resultó muerto, no el joven con quien el agresor discutía, sino un tercero que se metió en medio para aplacar los ánimos. Recibió un balazo que le atravesó el cayado de la aorta. El agresor es hijo del portero del Ayuntamiento".

E se a desgracias fortuítas regresamos, non podo deixar de volver á terra de "Valdeorras" e relatar a que reproduce o cubano "El Heraldo de Galicia" do 11 de xaneiro de 1925 dende A Habana: "He oido referir a unos labriegos -escribe o cronista- que corre por allí el rumor de que una linda jovencita guardadora de ganado ha sido devorada por los lobos que, en grandes cantidades, merodean por aquellas sierras".

A Ester Estévez, que así se chamaba a moza, "ocurriósole hacer un magosto", polo que se lle fixo de noite e cando "iba muy cerca del pueblo" fue devorada por los feroces animales en unión de algunas cabezas de ganado".

Sobrado do Bispo, o día de San Martíño de 1925 e Barbadás o 23 de decembro de 1928, son escenarios doutros dous sucesos luctuosos ligados ós magostos dos que se fai eco a prensa con detalle.

Logo virían os anos da guerra e o silencio dos magostos, ata que no ano 1964 o Concello de Ourense decidiu oficializar a celebrazón outonal con festa organizada na Alameda, convidando firmas ilustres coma as de Otero, Valente ou Blanco Amor para leren os pregóns e mesmo nomeando cada ano a unha "Moza do Magosto".

Te puede interesar