Exposición multimedia da vida e obra de Pereiro

A Biblioteca Pública Nodal de Lugo foi o escenario elixido para presentar unha exposición multimedia que se desprazará por Galicia para achegar aos visitantes a vida e obra do poeta monfortino Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A citada exposición, organizada polas consellerías de Cultura e Educación, coa colaboración do equipo 'Ouvirmos', estará en Lugo durante quince días. Posteriormente, iniciará un periplo que a achegará ás outras cinco bibliotecas nodais que hai en Galicia e a numerosos centros escolares da Comunidade.
A mostra está formada por unha pantalla táctil interactiva e un muro vertical multimedia, para permitir o acceso, de 'forma dinámica e innovadora', aos contidos sobre a vida e obra do poeta.

Na apertura da exposición itinerante participaron o director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Francisco López; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; a directora da Biblioteca Pública Nodal de Lugo, Marisol González, e o irmán do poeta monfortino, o xornalista Xosé Manuel Pereiro.

Te puede interesar
Más en Sociedad