Os galegos gastarán nas rebaixas unha media de 75 euros

O gasto será un 11,1% menos que o ano anterior.
Cada galego gastará unha media de 75 euros nas rebaixas de xaneiro, o que supón reducir en nove euros o desembolso respecto á campaña de hai un ano, segundo un estudio da Federación de Usuarios-Consumidores Independentes (FUCI). A cifra está por debaixo da española, pois cada cidadán gastará unha media de 80 euros nas rebaixas deste mes de xaneiro, un 11,1% menos que o ano anterior.
O presidente de FUCI, Gustavo Samayoa, considera que o feito de que este ano o gasto previsto sexa o menor dos últimos anos -máis de 40 euros menos que en 2007- , 'é fiel reflexo da difícil situación na que viven as familias españolas'.

'Pasouse de comprar por capricho a comprar por necesidade, xa que son moitos os consumidores que esperan ás rebaixas para comprar con descontos o que non poden comprar a prezo normal', destaca. A enquisa revela que dous de cada tres españois comprará no período de rebaixas e que, deles, o 83% prevé gastar menos diñeiro fronte a un 17% que di que gastará máis.

Te puede interesar