Preto de cincocentos rapaces formaron un coro para interpretar versos da poetisa de Padrón

Homenaxe infantil a Rosalía en Santiago de Compostela

A poetisa Rosalía de Castro recibiu onte unha emotiva homenaxe por casi medio millar de niños alumnos de ensinanza musical da comunidade autónoma na igrexa de San Domingos de Bonaval, onde encontra o Panteón de Galegos Ilustres no que descansan os seus restos.
'No bico un cantar', que así se denominaba a xornada, foi un máis dos actos conmemorativos do 150 aniversario da publicación de 'Cantares galegos', e esivvo organizada polo Consello da Cultura Galega, a Consellería de Cultura e a Fundación Cidade da Cultura.

O recital, que se celebrou na Igrexa de San Domingos de Bonaval ?onde repousan os restos mortais da escritora?, reuniu a un coro de 474 nenos e nenas de entre 8 e 14 anos de todos os conservatorios dependentes da Consellería e de outras institucións que imparten ensinanzas musicais para cantar versos rosalianos baixo a dirección do Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do CCG.

Os 474 rapaces e rapazas que participaron nesta actividade procedían de conservatorios das catro provincias galegas, así como do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e á Escolanía da Catedral de Santiago 'Ángeles de Compostela'.

Te puede interesar