Chandrexa de Queixa e Montederramo padecen carencias sanitarias

Os concellos de Queixa e Montederramo permanecen sen servizo médico de atención primaria desde este luns, prolongándose esta situación durante toda a semana debido ás vacacións e baixa dos facultativos.

Os concelleiros de Xuntos por Chandrexa, Rubén Fernández, e de Montederramo a Máis, Óscar Diéguez, presentan as súas protestas expoñendo que “a solución que nos dan é a da atención telefónica ou acudir ás urxencias, situadas en Castro Caldelas e os veciños dos nosos concellos teñen dereito a unha atención sanitaria digna”. Destacan que esta situación se agrava nestes concellos rurais engadindo que a solución non é adecuada e “menos aínda en lugares cunha poboación maioritaria de idade avanzada, e onde ademais contan con sendas residencias de maiores”.

Desde o Sergas din que ambos centros de saúde “permanecen abertos no horario habitual, con presenza das súas profesionais de enfermería”, engadindo que “esperamos que esta incidencia se resolva o luns. Foron informados ambos Concellos, solicitándolles colaboración para informar e tranquilizar aos usuarios e usuarias”.

Te puede interesar