Homenaxe á pedagoxía transformadora de Luís Soto

Con accións que manteñan a vixencia da memoria, como a el lle gustaría. Así quixo sumarse este martes o campus de Ourense aos actos organizados na honra de Luís Soto

Con accións que manteñan a vixencia da memoria, como a el lle gustaría. Así quixo sumarse este martes o campus de Ourense aos actos organizados na honra de Luís Soto, mestre, intelectual republicano e galeguista que foi quen de impulsar un ensino innovador cunha pedagoxía transformadora fornecendo ao seu alumnado no rural de valores que dignificaran a súa condición social e mellorasen os seus medios de vida nun tempo de grandes cambios políticos e sociais.

Organizado en colaboración coa Fundación Lois Peña Novo e baixo o lema Vieiros da memoria, esta homenaxe repetiuse xa en boa parte dos concellos nos que Soto exerceu como mestre e chega a Ourense, cidade na que se reunía cos dirixentes da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (Ateo) e cos redactores da Escuela del Trabajo para perseguir o seu sono dunha escola para todos e todas e plantar o xermolo da maior renovación pedagóxica que se coñece na historia da escola pública en Galicia.

Te puede interesar
Más en Universitas