UNIVERSITAS

A sala Cardio Fitness propón tres novas actividades

abdominales_result
photo_camera Os usuarios da sala Cardio Fitness optan a facer abdominales exprés.

Gaia Gestión Deportiva xestiona as propostas que comezaron en outubro

A sala Cardio Fitness do Campus de Vigo acolle dende este mes de outubro unha serie de actividades de dinamización, tres propostas (Circuit Training, Abdominais Exprés e Reto) que chegan este curso da man do servizo Gaia Gestión Depotiva, expertos en propostas de intervención dirixidas na execución de actividades física, da saúde e mellora da calidade de vida dos usuarios.

O Circuit Training, que consiste en realizar un percorrido por diferentes estacións nas que se debe completar un exercicio, lévase a cabo os luns, mércores e venres con horario de 11.00 a 12.00 e de 19.00 a 20.00 horas. Abdominais exprés, unha sesión de abdominais guiada e estructurada por un licenciado en Educación Física, celébrase todos os días da semana de 13.00 a 13.15 e de 17.00 a 17.15 horas. Por último, os retos, que teñen como obxectivo superarse a sí mesmo e competir saudablemente con outros usurarios, serán semanalmente e premiarase con material deportivo aos mellor clasificados.

Estas tres interesantes actividades están destinadas a todos os usuarios da sala Cardio Fitness sen coste adicional e, ademais de buscar a mellora da calidade de vida a través do deporte e buscar a satisfacción persoal e grupal, son novas alternativas para todos os usuarios deste espazo.
 

Te puede interesar
Más en Universitas