Sorteará premios por un importe total de 1.000 euros

El comercio vianés premia a sus clientes

Cartel de la campaña comercial
Los empresarios de Viana organizaron una campaña promocional del comercio para las Navidades. Incluye el sorteo de unos 1.000 euros en premios.
La Asociación de Comerciantes e Industriais de Viana “Acivi”, que preside Jesús Vizcaya, organizó una campaña para promocionar el comercio local durante la crisis. El colectivo sorteará 1.000 euros en premios, estando valorado el primero de ellos en 450 euros. Incluye una escultura con la figura del tradicional “boteiro” del Entroido vianés.


EN NADAL COMPRAR NO COMERCIO LOCAL DE VIANA TÉN PREMIO

Este foi o lema elixido por A.C.I.V.I, a Asociación de Comerciantes e Industriáis de Viana do Bolo que preside Xus Vizcaya para darlle resposta e premiar aos clientes fieis que realicen compras navideña na vila de Viana e deste xeito poñer a Viana do Bolo á altura das demáis vilas ourensanas que promoven campañas deste tipo.

Ante a presente crise e as dificultades engadidas que están golpeando a moitos dos asociados este ano buscouse unha fórmula para poder agasallar aos clientes neste nadal e poder seguir dando un servizo sin que a economía dos asociados se resinta e que estes poidan agradecerlle a fidelidade e confianza que neles depositaron nestas tan especiais datas e ao longo de todo o ano.

Deste xeito a asociación informou aos asociados e buscou nestes unha pequena complicidade para poder desenvolver a presente campaña. Aqueles asociados que así o dispuxeran poderían dar unha pequena aportación económica, aqueles que non estivesen dispostos a dar aportación estiveron dispostos a proporcionar distintos produtos dos seus establecementos; outros socios optaron por aportar servizos gratuítos e incluso algúns proporcionaron algún denominado 'cheque regalo'.

Unha vez dada a información e captados os posibles regalos que cada un ía proporcionar A.C.I.V.I lanza unha promoción de nadal totalmente independente que no seu total aproxímase aos 1000 € que serán repartidos en diversidade de premios orixinais que se otorgarán a aqueles clientes de nadal poseedores de boletos en forma de 'rifas' que coincidan cos primeiros premios da lotería do neno que se celebrará na primeira semana de Xaneiro.

Deste xeito na primeira dende a primeira semana de decembro (4 de decembro, coincidindo antes da ponte da constitución) repartíronse entre os establecementos asociados 10000 rifas para o seu reparto, os correspondentes carteis da promoción e o cartel de premios que indica a contía e especificación de cada regalo.

Dentro dos premios destacamos:

1. Un primeiro premio consistente nunha cesta de produtos e nun cheque regalo, todo elo valorado aproximadamente en 450 €. Nel inclúense unha cesta, bica, empañnada, diversas botellas turrón, noces, xamón, galletas, androllas, e moitos máis produtos da terra. Ademáis inclúe unha escultura dun boteiro de bronce e un cheque regalo de 50 € que deberá ser canxeado polo poseedor nos establecementos asociados.

2. A organización creou un segundo premio 'LOTE' cun valor aproximado de 130 euros con diversos regalos e tamén cun cheque regalo de 20 €

3. Un terceiro premio LOTE SOBREMESA cun valor aproximado de 70 €

4. Un cuarto premio LOTE RELAX cun valor aproximado de 65 €

5. Un quinto premio FASHION de valor aproximado aos 60 €

6. Un sexto premio COIDADO MASCULINO cun valor tamén duns 60 €

7. e un último sétimo premio INFANTIL de valor aproximado a 40 euros.

Dentro dos 7 premios hai regalos incluídos que van dende unha simple caixa de puros, uns pendientes de muller, un peiteado de sábado de muller ou un masaxe relaxante o que fai desta campaña unha das máis novedosas dentro das desenvolvidas na comarca e todo elo gratis para aqueles clientes que se acerquen a comprar no comercio local de Viana e tamén nalgún establecemento asociado de Vilariño de Conso.

Te puede interesar