Controlado el incendio forestal de O Barco

O incendio do Barco de Valdeorras, controlado desde as 07.11 horas desta mañá, afecta a unha superficie de 26.5 hectáreas, nunha primeira estimación provisional.
A Consellería do Medio Rural informou que está controlado un incendio no concello ourensán do Barco de Valdeorras, na parroquia de Santigoso. Este lume iniciouse ás 20.02 horas de onte xoves, 29 de setembro, dándose por controlado ás 07.11 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 26,5 hectáreas, das cales 1,5 pertencen a monte arborado e 25 a monte raso.

No control deste lume traballaron 6 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas, 1 pala e 2 helicópteros.

Ademais, informou doutros dous Estes dous lumes incendios forestais, activos arestora, que se rexistran na parroquia de Mougás, no concello pontevedrés de Oia. Segundo as primeiras estimacións provisionais, ambos lumes afectan a unha superficie que supera as 20 hectáreas.

Iniciáronse de madrugada, de xeito case simultáneo (ás 12:01 e 12:10 h., respectivamente), separados ambos por unha distancia inferior a 1 quilómetro (uns 800 metros), en ambos lados dunha ladeira. Pola súa proximidade, o inicio practicamente simultáneo e a hora nocturna do comezo, todo apunta a que sexan intencionados.

O primeiro destes incendios, situado máis ao sur da parroquia de Mougás, comezou ás 12:01 horas de hoxe venres, e continúa activo arestora. Nos labores de extinción traballan 2 axentes, 5 brigadas e 6 motobombas. Pola súa banda, o lume que se rexistra cara ao norte da mesma parroquia iniciouse ás 12:10 horas desta noite, e na súa extinción traballan 1 técnico, 3 axentes, 6 brigadas e 7 motobombas. Tamén participa nestes labores a Unidade Militar de Emerxencias (UME) con base en Marín, que está despregada en Galicia para colaborar na loita contra o lume.

Controlado outro lume no Barco de Valdeorras

Por outra parte, arestora está controlado un incendio no concello ourensán do Barco de Valdeorras, na parroquia de Santigoso. Este lume iniciouse ás 20:02 horas de onte xoves, 29 de setembro, dándose por controlado ás 07:11 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 26,5 hectáreas, das cales 1,5 pertencen a monte arborado e 25 a monte raso.

No control deste lume traballaron 6 axentes, 13 brigadas, 7 motobombas, 1 pala e 2 helicópteros.

Te puede interesar