'Navegando a Barlovento' presenta su primer disco en O Barco

'Facemos rock galego de alta montaña'

El guitarrista Denis Wanders
Denis Wanders é guitarrista de “Navegando a Barlovento”, grupo valdeorrés que buceou nas historias cotidianas ao crear o compoñer os temas do seu disco.
O conxunto “Navegando a Barlovento” presenta mañá venres, en O Barco, o seu primeiro disco. Os problemas para conquerir un local de ensaios non evitaron que o grupo de Denis Wanders conseguise grabar 12 temas de puro rock and roll, con letras sinxelas, baseadas no día a día dos seus catro músicos.

Quenes sodes “Navegando a Barlovento?

O grupo o formamos Óscar Pérez, Mario Rodríguez, Samir Ahmad e Denis Wanders.

Como xurdiu o grupo?

Samir estaba no conxunto “Cabo da Vila”, que aínda segue, e nós tocabamos en “Fuma con Dios”. O deixamos porque non había locais para ensaiar. Un día nos chamaron dende o pobo de Vilanova e empezamos.

Onde grabacheis o disco?

Samir trouxo composicións propias. Doce temas e o gravamos no estudio Bonham, en A Coruña.

Que música facedes?

É o rock and roll de tódala vida. Un colega di que temos o estilo “High mountain galician rock”, ou o que é o mesmo “Rock galego da alta montaña”. Trátase de rock, con letras de temas cotidianos, do día a día.

Como foi a vosa actuación no festival “Son de Meiga”, en O Barco?

Foi un pouco accidentada, polo mal tempo. Cando saímos aínda estaban montando e probando os equipos de son. Ao final, o repertorio quedóusenos pequeno pois só poidemos tocar durante media hora. Despois actuamos pola zona. A xente recibiunos moi ben. O público é excelente.

Tedes algún conxunto como referente?

Escoitamos música moi diferente cada un e todos poñemos o que sabemos e o que aprendemos. Como referencia poderíamos falar de “Los Suaves”, que están aquí cerca. Facemos rock and roll, pero é difícil catalogar o noso estilo, gústannos dende “Los Suaves” ata “Extremo Duro”.

O disco titúlase “¿Por qué no hacer caciones en estos momentos?”. A que alude?

É unha historia persoal, un pouco por todo. O nome do grupo, “Navegando a Barlovento” e o do disco veñen dos problemas que tivemos cos locais de ensaio.

Cales son eses problemas?

Os locais sociais dos pobos non se usan, pero en canto os veciños ven que se poden utilizar, os veciños os reclaman.

Como son os vosos directos?

Non é o mesmo tocar no estudio que nun concerto. O directo hai que enfocalo dun xeito distinto. Pero o público agarda escoitar os temas do disco. Nós tentamos darlle máis intensidade e velocidade, pero sempre buscando que sexa recoñecible. No “Baranda” tocremos un tema de “Extremo Duro”.


CONCERTO

O conxunto “Navegando a Barlovento” presenta mañá venres o seu primeiro disco na “Sala Baranda”, de O Barco.

A actuación dará comenzo ás doce da noite.

O repertorio que interpretará o conxunto está baseado en su casi totalidade en temas propios.

O disco ten doce cancións.

Te puede interesar