Letras Galegas 2022

Florencio Delgado Gurriarán será homenaxeado o sábado cun 'Vermú Poético'

20210702-Florencio-Delgado-Gurriarán-apaisada
photo_camera Florencio Delgado Gurriarán.

Trátase dunha reescrita dos textos que foron premiados noutras edicións deste premio de poesía

A localidade vilamartinesa de Córgomo acollerá este vindeiro sábado un novo evento dentro das actividades de homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán. Servirá, ademais, para fomentar o premio de poesía que leva o nome do poeta valdeorrés, quen foi escollido pola RAG para renderlle tributo no Día das Letras Galegas do ano que vén.

Segundo explican dende o proxecto de As Letras de Florencio, tratarase dunha ofrenda floral no cemiterio de Córgomo, programada para as 12,00 horas. Posteriormente, ás 12,30 horas, terá lugar un Vermú Poético. Este acto é unha reescrita dos textos que foron premiados noutras edicións do premio de poesía, “creando un novo produto”, detallan.

A este Vermú Poético acudirán plumas como a de Andrea F. Maneiro, Raúl Gómez Pato, Xabier Xil Xardón, Bea Saiáns, Jorge Moral e Arancha Nogueira.

 O III Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, convocado polo Concello de Vilamartín coa colaboración dos consistorios de O Barco, A Rúa, Rubiá, Petín e a Deputación de Ourense, pretende impulsar a creación literaria en galego e dar a coñecer a obra poética de novos creadores.

Os interesados en presentarse ao certame, que leva organizándose dende 2018, poderán facelo ata o 1 de setembro. As bases están na web asletrasdeflorencio.gal. O premio é de 3.000 euros.

Te puede interesar