Letras Galegas 2022

Presentan en Vilamartín unha antoloxía de Florencio para todos os públicos

A estatua de Florencio Delgado pasea nunha viña valdeorresa. (Arquivo)
photo_camera A estatua de Florencio Delgado pasea nunha viña valdeorresa. (Arquivo)
"Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética" é unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta e Débora Álvarez

Unha antoloxía poética coa obra de Florencio Delgado Gurriarán será presentada este domingo, 27 de marzo, en Vilamartín de Valdeorras. A publicación, unha selección de poemas realizada por Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco, e Débora Álvarez, coordinadora do proxecto As Letras de Florencio, leva por título “Florencio Delgado Gurriarán. Unha antoloxía poética”. O libro, da Editorial Galaxia, darase a coñecer nun acto que terá lugar no Centro Social Santa Lucía ás 12,30 horas.

Segundo explican desde o proxecto de As Letras de Florencio, a antoloxía foi concibida para achegar a obra de Florencio Delgado a tódolos públicos, “incluíndo a súa faceta de tradutor”, e ten un prólogo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes. Ademais de ambas co-autoras da antoloxía e de Freixanes, no acto estarán presentes o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro; e Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses.

Ruta arqueolóxica

A presentación será precedida por unha ruta arqueolóxica centrada nos vestixios que se atopan na contorna de Vilamartín, concretamente a explotación aurífera romana de Valdegodos e uns petroglifos. Será guiada polo presidente da sección de Arqueoloxía do IEV, José Fernández, e partirá ás 11,00 horas do CEIP Manuel Folla Respino.

Te puede interesar