ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
Letras Galegas 2022
A presentación da Primavera das Letras, proxecto que promove a Real Academia Galega (RAG), tivo como público aos alumnos, profesores e pais do colexio Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras, concello natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), protagonista do Día das Letras Galegas. Posta en marcha en 2016, esta iniciativa pretende achegar a figura que cada ano é homenaxeada nesa data aos colexiais de infantil e primaria. A páxina web “primaveradasletras.gal” xa permite aos cativos coñecer a biografía do autor valdeorrés, que escribiu Ledicia Costas e ilustrou Blanca Millán.
Á cita de onte acudieron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e Fina Casalderrey. Eles foron os que guiaron un acto no que tamén interviron o director do colexio, José María González Cubelos; Priscila Núñez, en representación dos pais; a directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez Moldes; e o alcalde vilamartinés, Enrique Álvarez Barreiro. Tamén interviron os alumnos do colexio vilamartinés, no que estudan 25 rapaces. Eles aportaron a nota musical, cantando a adaptación musical do poema “Vente, ventiño do norte”, que realizou o mestre de Música, Jaime Díaz Paradelo.
“A Primavera das Letras é unha plataforma dirixida fundamentalmente á xente máis nova, rapaces de infantil e primaria, en colaboración cos mestres, para presentar a figura de Delgado Gurriarán ás novas xeracións dun xeito alegre e dinámico, como é parte da súa poesía”, comentou Freixanes.
Freixanes referiuse ao poeta de Córgomo apuntando que “representa unha época da literatura galega que foi moi difícil, con etapas cheas de ilusión, como a da República, e con etapas de sufrimento como foi o periodo do exilio. Nese aspecto, a figura de Delgado Gurriarán é moi representativa”. Tamén resaltou que é a primeira vez que a RAG viaxa a Valdeorras. Fina Casalderrey insistiu na necesidade de apoiar a lingua, logrando que os alumnos cantasen “eu en galego, a miña lingua guapa”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
AULA DE TECNOLOGÍA APLICADA
El Lauro Olmo actualiza sus medios de enseñanza
UNA VÍA CLÍNICA
Sanidade evitará viajar hasta Oviedo a afectados de silicosis
DESTINO DE INVIERNO
Manzaneda cerró la Navidad con cerca de 15.000 usuarios
Lo último