Aínda pudo ser pior

Este verán no que nos atopamos, ‘que nin é verán nin é nada’, como decía onte un paisano tomando café no bar ante a impresionante tormenta que estaba a caer en Ourense, está evitando moitas tertulias nas terrazas. Primeiro, porque as noites pasadas quedaban tan frías que nin apetecía, e segundo porque se chove, tampoco é quen de exporse a unha molladura.
Fun o outro día visitar a un amigo a un pobo, e estabamos tomando unhas cervexas cando chegou un paisano e relatou o accidente que lle acontecera a outro. Estaba a comentar que a certas edades xa non se podían facer esforzos... porque andar en bicicleta a tales horas pois leva aparellado que... E seguíu enumerando unha serie de desgracias que poderían ocorrir.

Nunha mesa do lado estaban catro xogando unha partida de tute, e outros catro coma miróns, os cales adoitaban berrar aínda máis que os propios protagonistas. Un dos xogadores, que escoitara falar do accidente de bicicleta, dirixiuse ó narrador.

-¿Pero tí que dis, oh!
O home voltou a resumir nun minuto toda a leria que nos dera ós demáis, e o xogador respostoulle escuetamente antes de continuar batendo na mesa:
-¡Aínda pudo ser peor!
O relator do suceso quedou coma petrificado, porque esperaba outra resposta. E nos tamén.

Mais a cousa, que parecía acabar con esta frase, colleu pulo cando un dos miróns da partida, con sorriso picarón e ollada de medio lado, despois de estirar o pescozo e mirar en derredor e escudriñar a todo o persoal coma se dun periscopio se tratara, quizáis para non ‘meter a pata’ antes de falar, soltounos:
-’A quén lle pudo ir peor, se non salta pola fiestra, foi o que estaba coa Rosa cando chegou de sorpresa o Manolo á casa’.

Aquí as gargalladas foron xerais. Eu non sabía de que se trataba, e durante unhos intres puxéronme en antecedentes de quenes eran os personaxes.

O xogador que falara de principio estaba agora barallando as cartas. Unha e outra vez. Víase nos seus xestos que estaba matinando algo que decir. Cando o considerou oportuno, cerrou a baralla, púxoa enriba da mesa cun golpe, e comentou:
-’¡Aínda pudo ser pior se chega a vir onte!’.

Te puede interesar