O café é malo pros nervos

A calor abafante destes días fai que ún de vez en canto entre a un bar a refrescarse un pouquiño mentras toma un grolo. Fun co Delmiro a tomar unhas cervexas -él pide que lle poñan a do ciclista- (0-0). Neso entrou pola porta un home que era a primeira vez que o viamos por alí. Empezou a falar só, mascullando palabras non moi ben entendibles. Acercouse á barra e pediu dunha maneira moi educada, iso sí, que lle puxera tres cafés.
O camareiro, vendo que ía só, extrañouse, e fixo un xesto explicativo sinalando o mostrador coa man.

O home, reafirmouse no dito, pero como o camareiro seguía inquirindo, o home contestoulle: -Un para min, outro para vostede, e o terceiro par a nai...

O barman, a ragañadentes, cun cabreo xa subido, fixo os tres cafés e púxoos no mostrador. Tomou o del, mirando de reollo para o individuo cunhas gañas de atizarlle un sopapo. Porque hai que ver que un sopapo como o que debe dar él debe ser difícil de aguantar. Non quixera eu exporme a que me baixara un brazo un home de aproximadamente 1,90 e dunhos 130 kilos de peso.

Ó día seguinte, mentras estabamos comentando os últimos fichaxes dos equipos de fútbol, de se o COB arranca ou non... volta outra vez o home a entrar polo bar. A mirada do Pepe era xa de esas que matan. E, coma o día seguinte, voltou a solicitarlle-los tres cafés. O barman fíxoos, tomou o seu, e despois de cobrar... deu media volta antes de que o indivíduo se largara e, ¡plaf! soltoulle unha das súas manazas, coma se fora un martelo de escachar as pedras na cabeza, e o individuo caeu coma un saco.

Tres días despois, á mesma hora, e coido que foi a última vez, voltou a aparecer o misterioso home, pois había que ter valor de voltar polo bar despois do ocorrido. E coma se non pasara nada, fíxo o pedido: -¡Póñame dous cafés! Sacou o diñeiro, pagou as dúas consumicións. Cando o camareiro decidiuse a tomar o outro, o home apartoulle-lo, e ante a sorpresa de todos díxolle moi tranquilo: ‘Ese non era vostede, era para a nai que...’.

Cando todos esperabamamos que ocorrira o da vez anterior, o home, moi serio, deulle-lo seguinte consello: ‘Vostede non pode tomar café, ¿non ve que o pon moi nervoso?’.

Te puede interesar