A dirección das Xornadas do Folclore esixe unha serie de medidas escénicas para garantir a seguridade e a diversión

A importancia do escenario

Las animadas coreografías de la agrupación senegalesa. (Foto: Luis Blanco)
A apertura das Xornadas do Folclore abriu o camiño para que os ourensáns poidan gozar de danzas e cantos do mundo. Ós bailaríns e músicos son ós que o público ve e son eles os que aportan espectáculo. Pero hai máis factores que inflúen e, aínda que non reparemos neles a simple vista, moitas cousas se tornarían imposibles ó faltaren.
É deste xeito que se nunha actuación hai algo tan importante coma os artistas é o propio escenario. Pero non calquera vale. O festival envíalle ós concellos unha serie de esixencias e condicións que non sempre son doadas de seguir.

Para comprender a especial importancia que unha morea de táboas e ferros cobra nas Xornadas do Folclore só hai que reparar na variedade de chimpos, pasos, taconeos e acordes dos grupos participantes. Así, a dirección considera que, para que o espectáculo non perda nin unha soa pinga de grandeza, é preciso que a escena non ocupe menos de 12 metros de longo por outros tantos de ancho. A partir de aí a actuación pode comezar a elaborarse.

A moitos municipios non lles queda máis que adaptarse ás circunstancias e, gracias á experiencia que aportan 27 anos, ningunha dificultade é o suficientemente grande para evitar que o folclore mundial se desenvolva en toda a súa magnitude.?Por suposto, os taboleiros, os ferros e os arames deben estar perfectamente calibrados porque a seguridade dos artistas é máxima prioridade para a organización das xornadas. Como complementos adicionais que garantan o éxito do espectáculo, o concello debe proporcionar ó pé do escenario un enganche para a corrente eléctrica. A potencia mínima, 65.000W ligados ós equipos de iluminación e son.

Unha vez comezada a actuación, os imprevistos son ben comúns, aínda que o máis grave que ten acontecido é a rotura de taboleiros. Claro que ás veces non rompen por casualidade. Moitos recordan a participación dun grupo das Illas Futuna, situadas no Pacífico Sur. Dous compoñentes decidiron competir entre si para ver cal deles era quen de romper máis táboas ó longo de todo o festival.

O certo é que sen as correctas esixencias escénicas, as Xornadas do Folclore perderían unha grande parte da vistosidade que tanto as caracteriza.

Te puede interesar