VERANO

Máis de 120 persoas para vixiar a Festa do Pulpo

O Concello vende 1.000 entradas a 30 euros para a comida oficial 

O plan de seguridade para a 53 edición da Festa do Pulpo foi aprobado onte polo Concello do Carballiño. Formarán parte do operativo máis de 120 persoas, de distintos corpos e forzas de seguridade así como persoal do propio concello. Neste plan de protección interveñen a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, Policía Autonómica, Policía Local, voluntarios de Protección Civil, brigada municipal de emergencias, Cruz Vermella e persoal sanitario.

O plan contempla varias seccións de actuación, dende a seguridade, orden público e ordenación do tráfico, ata a extinción de incendios e salvamento, e tamén o persoal sanitario que contará cun posto médico avanzado, catro ambulancias asistenciais, así como o apoio do PAC do Carballiño e do control de urxencias médicas 061. Tamén está habilitado un helipuerto para a posible evacuación de accidentados ou enfermos.

Para esta edición da Festa do Pulpo se contará cun total de 27 vehículos, repartidos entre as distintas forzas de vixilancia, salvamento e orden público. Este plan de autoprotección foi elaborado ca previsión de asistencia de público de máis de 70.000 persoas.

Por outra parte, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asinuou onte un convenio ca entidade Abanca, para colaborar durante os vindeiros catro anos na Festa do Pulpo do Carballiño. A colaboura de Abanca, xunto co resto de patrocinadores, permite introducir no programa de festas, que se alonga durante 15 días, máis actividades e incluso eventos como concertos.

O concello xa ten á venta as entradas para comer no recinto oficial da Festa do Pulpo 2015. En total son 1.000 entradas, a un prezo de 30 euros cada unha. O menú será de empanada, carne ó caldeiro, pulpo á feira, postres, bebidas, café e queimada.  

Te puede interesar