Insignia de Ouro das Xociviga

Xosé Prada Martínez: ‘A falta de apoios económicos dificulta que as Xornadas sexan un escaparate do audiovisual’

O xurado das Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia decidiu conceder a segunda ‘Insignia de Ouro’ a Xosé Prada Martínez, socio fundador do Cine Clube Carballiño e cunha ampla traxectoria como escritor, actor e director de teatro afecionado.
O Auditorio do Carballiño acollerá na noite do vindeiro martes o acto de entrega da segunda ‘Insignia de Ouro das Xociviga’ a Xosé Prada Martínez, un procurador dos tribunais de 64 anos moi vencellado ó movemento cultural da vila dende os anos 60. Escritor, articulista -foi delegado de La Región durante unha década-, actor e director de teatro afecionado, foi directivo do Cine Clube local, que organizou a primeira edición das xornadas en 1984. O xurado do premio destacou a súa traxectoria como director das xornadas a mediados dos 90.

Qué significa para vostede iste galardón?


Para min é unha ledicia e un orgullo, xa que levaba no Cine Clube dende o ano 1972 facendo unha laboura cultural ata que pensamos que alguén debía coller o relevo. Iste premio é un recoñecemento a toda unha traxectoria adicada a prol da cultura deste país.

Manteñen estas xornadas o seu papel de escaparate do audiovisual galego?


Na actualidade, non, porque pola falta de subvencións e patrocinios nunca poderán ser as mesmas Xociviga dos seus comezos. Daquela, hai 20 anos, iste festival tiña unha laboura que cumprir xa que non existía un audiovisual galego, e as xornadas foron un revulsivo para que iste se coñecese e se potenciase a tódolos niveis. Ademais de convertirse nun referente do cinema galego, xa que directores agora consagrados como Pepe Coira ou Xavier Villaverde presentaron aquí os seus primeiros traballos, tamén serviu como lanzamento de moitos escritores. Teño que destacar que o formato vídeo desapareceu das xornadas, e calquera organización é nestes intres moito máis complicada que hai 25 anos, porque non se presta o apoio económico necesario por parte das institucións.

Como ve o actual panorama do cine en Galicia?


Agora estase a facer un bó cine galego e moito cine en galego, xa que por fin os productores déronse conta de que hai posibilidades de levar a cabo proxectos moi dignos neste país. Un exemplo delo está no sector de animación, que está na primeira liña, cecais sen poder competir cos medios que posúen nos Estados Unidos, pero non temos nada que envidiar de compañías deles como Disney ou Pixel. Hai moi bós actores e directores, xa que nos tempos actuais dispoñen de escolas onde aprender o seu oficio sen ten que saír da comunidade galega.

En que proxecto está a traballar nestes intres?


Como autor de teatro, estou a preparar uns textos e buscarlles a súa adaptación dramática. Tamén comecei a deseñar unha nova obra para que a estree o meu grupo afecionado, Tiruleque, pero aínda será un traballo que me leve varios meses, sobre todo porque estou de vacacións.

La gala inaugural de las Xornadas congregó en la noche a numerosas autoridades, invitados y espectadores en el Auditorio de Carballiño, que pisaron la alfombra roja colocada en la entrada por la organización. Los asistentes se divirtieron y aplaudieron con el papel de presentadores asignado a los actores Carlos Sante y Xaquín Domínguez, antes del estreno del primer largometraje, ‘Espías en la sombra’.

Te puede interesar