O arranxo da carretera de San Agostiño será en outono

Carretera de San Agostiño en Viana do Bolo
photo_camera Carretera de San Agostiño en Viana do Bolo.
O proxecto, adxudicado pola Diputación provincial, conta cun investimento de 1.125.119 euros

A Deputación de Ourense adxudicou as obras da estrada de San Agostiño. Segundo explicou o  deputado de Cooperación, Pablo Pérez, as obras poderían comezar este outono, “sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, pois estamos a falar dun territorio cun clima cada vez máis adverso para este tipo de traballos segundo nos achegamos ao remate do ano”. 

Será unha UTE formada por Petrolam Infraestruturas S.L. e Áreas Infraestruturas S.A a encargada de executar este proxecto que conta cun investimento de 1.125.119 euros, que será levado a cabo en tres tramos. Cunha lonxitude total que supera os 24 quilómetros, o proxecto inclúe a renovación e regularización do firme, acondicionamento e limpeza das cunetas, roza das marxes, nova sinalización horizontal e vertical e a instalación de elementos de seguridade viaria. Segundo anunciou Abelardo Carballo, alcalde do municipio. Coincidindo coa execución da obra, a entidade local levará a cabo o acondicionamento e mellora dos sistemas de abastecemento de luz, auga e internet nas viviendas que se encontran no inicio do tramo desta vía, entre Viana do Bolo e a aldea de Punxeiro.

Coa adxudicación das obras “damos un paso definitivo para facer realidade un proxecto no que desde o primeiro momento a Deputación de Ourense demostrou o seu compromiso, liderando unha comisión de negociación xunto con Endesa -empresa propietaria da estrada- e os representantes dos grupos municipais”, destacou Pérez. O diálogo entre todas as partes, engadiu, “permitiu dar a resposta que demandaba desde hai tempo a veciñanza, polo que a satisfacción do resultado neste proceso non pode ser maior”. 

A empresa eléctrica faríase cargo do 50 % do custo das obras -preto de 600.000 euros-, mentres que a Deputación de Ourense e o Concello de Viana do Bolo achegarían o 50 % restante a partes iguais. Tralo remate das obras a estrada pasará a ser titularidade do concello. 

 É a segunda vez que se leva a cabo o proceso, xa que un erro detectado nas bases para sacar a concurso a obra fai catro meses, fixo que o proceso de contratación tivera que ser reiniciado e agora, unha vez rematado de novo, a estrada de San Agostiño estará acondicionada antes de mediados do próximo ano.

Te puede interesar