A Mezquita recibe axudas para a conciliación familiar

DXinclusion 2
photo_camera Arturo Parrado con las trabajadoras de la Asociación.
A Xunta fixo unha achega de 30 mil euros
A Xunta de Galicia achega máis de 30.000 euros á Asociación “Os Tres Reinos” de A Mezquita para a elaboración de programas de conciliación familiar. Así o anunciou nunha visita Arturo Parrado, o director xeral de Inclusión Social, onde puxo en valor “o labor destas entidades que traballan para mellorar a calidade de vida dos usuarios que viven nos concellos do rural”, a través de actividades que revalorizan a súa contorna, ofrecendo diferentes iniciativas de ocio para as persoas que se atopan nunha situación de risco de exclusión social. 

Te puede interesar