O servizo Casa do Maior da Gudiña oferta tres prazas libres

Instalacións da Casa do Maior da Gudiña “Xia””
photo_camera Instalacións da Casa do Maior da Gudiña “Xia”.
Está destinado a maiores de 60 anos en situación de dependencia

A Casa do Maior da Gudiña oferta tres prazas para incorporar novos usuarios durante esta anualidade. Trátase dun recurso gratuíto, de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal, que ofrece unha atención integral e personalizada, atendendo ás necesidades básicas de alimentación, hixiene e tempo libre. Para elo, conta con un ambiente familiar no que se da resposta ás necesidades derivadas da idade e da situación de dependencia de cada un dos usuarios. 

Situada fronte a estación ferroviaria, o servizo ofertado ten unha duración de oito horas diarias, adaptables ás necesidades das familias e está destinado a maiores de 60 anos que teñan recoñecida unha situación de dependencia de grao I ou II. Ademais, deberan cumprir algúns requisitos como non recibir ningún outro recurso do SAAD ou estar recibindo o Servizo de Axuda no Fogar.  Montse Nieves está á fronte desta instalación dende xuño do 2019 e afirma que “a irrupción do covid-19 fixo que o número de usuarios se reducira, xa que moitos deles colleron medo”. Con máis ganas que nunca, engade que “durante a súa estancia realizan unha gran cantidade de actividades e exercicios cognitivos adaptándose as necesidades de cada un” e anima a tódolos maiores e os seus familiares a formar parte de “Xia”.

Te puede interesar